Pages - Menu

viernes, 12 de febrero de 2016

Concentración en repulsa das agresións homofóbicas acontecidas en Santiago.


Mañán sábado, 13 de febreiro ás 12h, terá lugar fronte ao Museo Marco, unha concentración denunciando a agresión homófoba que tivo lugar o pasado martes en Santiago de Compostela.

A Asociación Nós Mesmas, de defensa dos dereitos das mulleres lésbicas e bisexuais, organiza dita concentración baixo o lema “Galiza unida contra a LGTBIfobia” convocándose de forma unitaria co resto de colectivos LGTBI galegos que realizan cadansúas concentracións entre este vénres e  sábado.

O pasado martes, Antonio José Roldan, foi agredido física e verbalmente nun supermercado da capital galega e as agresións continuaron, xa cara el e a súa parella, no hospital no que foi atendido. As agresións de carácter LGTBIfóbico suceden en Galicia constántemente, e debido a invisibilidade do colectivo, o medo das vitimas e o descoñecemento dos nosos dereitos, case non son denunciadas, aínda así, Galicia é a terceira comunidade con maior porcentaxe de delitos de odio cara lesbianas, gays, bisexuais e transexuais. 

Ante situacións coma esta, Elisabet Pérez, representante de Nós Mesmas, afirma que “denunciar ante as autoridades é fundamental, pero ademáis debemos ser conscientes da importancia de realizar unha denuncia social, pública, xa que visibilizar estas agresións permítenos facer cómplices a sociedade da inxustiza cometida e concienciar para que todas e todos se impliquen na erradicación da LGTBIfóbia” e engade que “hai que ter en conta, que a Lei galega de visibilidade e non discriminación do colectivo LGTBI, carece de contido no referente ás sancións das agresións LGTBIfóbicas e por tanto, non pode ser condeada co agravante discriminatorio que ten.”


No hay comentarios:

Publicar un comentario