Dentro da Programación do Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2018
disfrutaremos do filme Nove de Novembro, primeiro de temática LGBT rodado en galego.
O evento, coorganizado cos Multicines Norte, contará coa presencia do Director, Lázaro Louzao, co que se manterá un coloquio ao final da proxección.
O film protagonizado por Ademar Silvoso e Brais Yanek, tivo un orzamento de só 30.000 euros e foi financiado parcialmente a través dunha campaña de crowdfunding, ademais, o seu estreo non estivo exento de polémica, disto e de moito máis falaremos en persoa co director.
Para non quedar sen ela, poderás mercar as entradas, cerca da data, en:
https://www.reservaentradas.com/cine/pontevedra/multicinesnorte/
Pola loita dos dereitos das mulleres lesbianas, bisexuais, trans e persoas trans e non binarias.
Pages - Menu
▼
jueves, 10 de mayo de 2018
lunes, 7 de mayo de 2018
Noite Drag, participas?
NOITE DRAG
Unha noite de festa, diversión, música... na que o transformismo será o protagonista!!
Seleccionamos a un máximo de 7 participantes dragqueen e dragking, que queiran amosar a súa arte enriba dos escenarios cun tema a súa elección e que serán avaliados polo xurado e o público.
Os únicos requisitos son ser maior de idade e que a actuación non reproduza condutas machistas, sexistas ou lgtbfóbicas.
Se queres deslumbrar coa túa actuación ou queres máis información, escríbenos co asunto "Noite Drag" a nosmesmas@felgtb.org
jueves, 3 de mayo de 2018
Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2018
10 anos de OrgulloS, 10 anos de Orgullo.
Nós Mesmas organiza o seu 10º Orgullo na cidade de Vigo
O 28 de xuño representa loita, reivindicación, rutura co sistema opresor, visibilidade, diversidade, dereitos humanos e empoderamento.
Por todo isto, dende Nós Mesmas organizamos de forma colectiva e asamblearia e autoxestionada case por completo, diferentes actos en todo o mes de xuño que recollen esta diversidade, esta loita e esta celebración do pulo e da valentía que tiveron moitas antes de nós e que seguimos tendo, a diario, cando transgredimos a norma da cisheteronormatividade imposta.
![]() |
Subvenciona |
POR UN ORGULLO LGTBI+ EN VIGO, + DIVERSO E +REIVINDICATIVO
Mentras rematamos a programación definitiva, vos imos deixando aquí o programa provisional, iremos actualizando pouco a pouco marcade as datas na axenda que este ano temos un mes de xuño cargadiño de ORGULLO E REIVINDICACIÓN!!
Contamos coa coorganización de:
Contamos coa colaboración de:
Fotos Bicada Lésbica e mesa de experiencias, Día da Visibilidade Lésbica 2018
Aquí poder ver algunha das fotos da bicada polo día da Visbildiade Lésbica, moitas grazas a todas as que participaron na bicada!
Ademais, o 28 de abril tivemos a mesa de experiencias Lesbiana E Artista no Pub A Galería Jazz, onde nos acompañaron as grandes:
Tivemos a sorte de rematar co concerto das compañeiras Georgina e Maria, podes ver un anaquiño aquí: