Pages - Menu

martes, 14 de agosto de 2018

Linguaxe tránsfoba: linguaxe asasina




Hoxe enviabamos unha denuncia a certos medios de comunicación pola utilización dunha linguaxe discriminatoria no tratamento da desaparición de Mark, o rapaz de Ourense trans.
Durante días e en medios como El Español, La Región de Ourense, 20 Minutos, La Sexta....leímos como era tratado en femenino, nomeado incorrectamente, facendo caso omiso a súa autodeterminación do seu xénero.
Foi unha de tantas veces que o tratamento que a prensa lle da a novas vencelladas ao colectivo LGTB non nos dignifica, restanos visibilidade, estigmatízanos.

Está é unha das cartas que enviamos:
Isto sempre foi e é máis cruento cando o ou a protagonista é unha persoa trans. 

E xa temos un novo exemplo...20 minutos, Antena 3, Diario de Sevilla, El Mundo, Diario de Valladolid, Diario de León, etc nomean a unha persoa trans, que foi brutalmente agredida, como “un home vestido de muller”.

Os medios de prensa están fomentando a transfobia e a discriminación, perpetúan a violencia e a exclusión que a cotío ten que afrontar unha persoa trans. BASTA XA!

Non hai escusas, non son despistes, non é falta de información. Os medios de comunicación que publican este tipo de novas, fomentan as agresións e as discriminación, son CULPABLES DE INCITAR AO ODIO.





EXISIMOS POR PARTE DE ESTOS MEDIOS UNHA RECTIFICACIÓN E UN COMPROMISO, PÚBLICO DE RESPECTO Á DIVERSIDADE.





E aquí deixamos o enlace á Guía de Boas Prácticas para os Medios de Comunicación elaborada no 2017 pola FELGTB e xs periodistas de CCOO: Guía Boas Prácticas

Obradoiro Autocoñecemento é Poder



Abrimos prazo de inscrición para os obradoiros continuos de Autocoñecemento é Podeque comezarán a primeira semana de setembro.


Un espazo para re-coñecerse dende o bo trato. Un espazo para compartir e onde re-coñecenos semellantes e diversas.


Hai límite de prazas polo que se tes interese é importante que nos contactes antes do venres día 24 de agosto. 
Precisamos saber cal é a túa dispoñibilidade, día da semana e horario, para formar o grupo. 
As posibilidades son: martes, mércores, xoves ou venres. 
Cada obradoiro terá unha duración de 3 horas e realizarase 1 día á semana, polo que a duración total será de 4 sesións ao longo do mes de setembro (cun total de 12 horas).

Para inscricións podes contestar ao seguinte formulario, mandarnos un correo a nosmesmas@felgtb.org ou un whatsapp ao tlf 627736965

Agardamos que sexa do teu interese!
Moitas gracias e saúdos!



lunes, 13 de agosto de 2018

1ª Merenda Trans*



Xuntxs creamos máis e mellor!

Por iso vos propoñemos merendar xuntxs o próximo 23 de agosto ás 20h, para compartir e intercambiar ideas para a creación dun grupo de apoio Tran*.

Confirma a túa asistencia no correo nosmesmas@felgtb.org ou por whatsapp no 627736965


miércoles, 8 de agosto de 2018

Servizo gratuíto de Atención Psicolóxica

 O Servizo de Atención Psicolóxica, permanece activo e durante os meses de agosto e setembro, é gratuíto e realizará atencións individuais e grupais, traballando a aceptación persoal e familiar, obradoiros de autoestima e empoderamento, superación das agresións e como facerlle fronte á discriminación.

A psicóloga estará dispoñible para as sesións, previa cita, os martes, mércores e xoves, para contactar pasate pola nosa sé na Porta do Sol, 11-Bis, entresollado (Vigo) ou contáctanos no correo nosmesmas@felgtb.org ou no tlf 627736965 (tamén atendemos Whatsapp)

En setembro terán lugar os Obradoiros de autoestima e empoderamento, contarán con prazas limitadas e son tamén gratuítos, polo que se tes interese en participar podes pre-inscribirte no seguinte formulario:




Este servizo está Subvencionado: 





jueves, 2 de agosto de 2018

Como foi o Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2018


Neste 2018 milleiros de persoas acompañaron a bandeira multicolor polas rúas de Vigo no Orgullo LGTBI organizado por Nós Mesmas.

No que foi o Orgullo LGTBI máis numeroso celebrado na nosa cidade, puidimos ver, unidas, unidos e unides, a persoas de tódalas idades, de moitas partes da Galiza, pertencentes a outros colectivos feministas...por un mesmo obxectivo: REIVINDICAR A DIVERSIDADE.

Dende Nós Mesmas é un orgullo aínda maior ver a tantisima xente na rúa, porque a diario atopámonos con persoas que chegan a asociación con vidas cheas de historias. Historias, que moitas veces non son doadas de contar nin de recordar, e historias que acontecen no presente.

Por iso, e por todo o que provoca estas situacións de discriminación, desigualdade, de agresións...seguiremos traballando día a día e seguiremos pedíndoos que polo 28 de xuño enchades as rúas de cor, de berros, de tambores e de orgullo.

Grazas a todas as persoas voluntarias que o fixechedes posible, a todos os locais que colaboraron e a todas as entidades compañeiras que puxeron o seu gran de area.

Deixamos vídeo da mani e enlace para ver fotos de todo o mes de actos do orgullo:

Fotos Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2018