Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

martes, 13 de agosto de 2019

Próxima merenda: martes día 20 de agosto ás 18.30hs

Para todas aquelas persoas que precisen dun espazo no que intercambiar información, inquedanzas e experiencias sobre o proceso de tránsito en relación á vivencia da transexualidade.


Obradoiro "Autocoñecemento é poder"

O obradoiro “Autocoñecemento é poder” consiste nun espazo onde explorar os coidados cara unha mesma e cara as demais, os conflitos e os medos que estes xeran, así como para indagar sobre as estratexias persoais e colectivas coas que acompañarnos.
Farémolo a través de dinámicas grupais con apoio na palabra, no corpo, nos sentidos e no movemento como vías expresivas para o intercambio de sentires e de ideas.
Esta proposta pensa o autocoñecemento ligado ao apoderamento, entendido como un proceso de toma de conciencia individual e colectivo, no que darnos conta dos nosos dereitos, fortalezas e intereses e xunto con outras persoas transformar a sociedade. Poder para medrar na nosa comprensión sobre os diversos xeitos particulares de ser e de estar no mundo.
Esta proposta xorde da idea de que parar a observar e observarse amplifica a nosa mirada sobre nós e sobre as outras persoas, axuda a ver a diversidade que habita en todas nós, a diversidade de corpos, de xeitos de expresión, de gustos, de sentires...
Trátase de facilitar un tempo e un lugar no que “parar” para escoitarse e escoitar outras voces, un convite para re-coñecernos nas semellanzas e nas diferenzas.
O obradoiro comeza o martes día 3 de setembro ás 17hs no Centro cívico do Casco Vello de Vigo.
Será todos os martes do mes de setembro, días 3, 10, 17 e 24 en horario das 17 ás 20hs.
Para inscricións e máis información:nosmesmas@felgtb.org/ asonosmesmas.blogspot.com/ Teléfono: 722 286 300
Ou cubrindo directamente o formulario de inscrición
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfjC5-lS4M9jg98DBTSjSC98VmH7ym2RV5pM6K1ZjWLQ6MikA/viewform?usp=sf_link

Organiza: asociación Nós Mesmas. Colabora: Concellería de Participación Cidadá.
Facilita: Beatriz P.F. LaranXeira