Pages - Menu

viernes, 23 de agosto de 2019

Punto Arco da Vella, nas festas #RespectoADiversidade!


As festas son espazos nos que todas as persoas imos a disfrutar, pasar un bo rato, coñecer xente, vivir novas experiencias...en moitas ocasións estas non son un espazo seguro. 
Desde o propio movemento feminista naceron fai anos os grupos de autodefensa e os puntos lilás, recollemos o seu bo facer para facer fronte a unha lacra, a LGTBIfobia, que ten a súa raíz, igualmente, no machismo.

O Punto Arco da Vella está atendido por profesionais formados en xénero, diversidade afectivo-sexual e igualdade, persoas do colectivo que se visibilizan e empoderan para:

- Concienciar e visibilizar o compromiso social e o rexeitamento comunitario cara a discriminación por LGTBIfobia.

- Informar, asesorar e repartir material de prevención ante o VIH e outras infeccións de transmisión buco xenital.

-Previr posibles agresións e situacións de discriminación.

- Garantir o normal desenvolvemento das festas e das persoas que estan na mesma.

- Dar atención, apoio e asesoramento ás posibles vítimas de acoso, agresións ou discriminacións de carácter LGTBIfóbico.

- Asesorar en materia de diversidade ás empresas ou organismos organizadores do evento.





miércoles, 21 de agosto de 2019

Próxima merenda do grupo de apoio mútuo de persoas trans*

Martes día 27 de agosto ás 18.30hs no local da asociación, pásate!


martes, 13 de agosto de 2019

Próxima merenda: martes día 20 de agosto ás 18.30hs

Para todas aquelas persoas que precisen dun espazo no que intercambiar información, inquedanzas e experiencias sobre o proceso de tránsito en relación á vivencia da transexualidade.


Obradoiro "Autocoñecemento é poder"

O obradoiro “Autocoñecemento é poder” consiste nun espazo onde explorar os coidados cara unha mesma e cara as demais, os conflitos e os medos que estes xeran, así como para indagar sobre as estratexias persoais e colectivas coas que acompañarnos.
Farémolo a través de dinámicas grupais con apoio na palabra, no corpo, nos sentidos e no movemento como vías expresivas para o intercambio de sentires e de ideas.
Esta proposta pensa o autocoñecemento ligado ao apoderamento, entendido como un proceso de toma de conciencia individual e colectivo, no que darnos conta dos nosos dereitos, fortalezas e intereses e xunto con outras persoas transformar a sociedade. Poder para medrar na nosa comprensión sobre os diversos xeitos particulares de ser e de estar no mundo.
Esta proposta xorde da idea de que parar a observar e observarse amplifica a nosa mirada sobre nós e sobre as outras persoas, axuda a ver a diversidade que habita en todas nós, a diversidade de corpos, de xeitos de expresión, de gustos, de sentires...
Trátase de facilitar un tempo e un lugar no que “parar” para escoitarse e escoitar outras voces, un convite para re-coñecernos nas semellanzas e nas diferenzas.
Aberto a todas aquelas persoas con inquedanzas, curiosidade e gañas de mergullarse nalgúns aspectos do autocoñecemento e dos coidados persoais e colectivos.
Unha semente para unha mellor convivencia e un mellor vivir.

O obradoiro comeza o martes día 3 de setembro ás 17hs no Centro cívico do Casco Vello de Vigo.
Será todos os martes do mes de setembro, días 3, 10, 17 e 24 en horario das 17 ás 20hs.
Para inscricións e máis información:nosmesmas@felgtb.org Teléfono: 722 286 300
Ou cubrindo directamente o formulario de inscrición AQUÍ


Organiza: asociación Nós Mesmas. Colabora: Concellería de Participación Cidadá.
Facilita: Beatriz P.F. LaranXeira