Pola loita dos dereitos das mulleres lesbianas, bisexuais, trans e persoas trans e non binarias.
Pages - Menu
viernes, 26 de junio de 2020
voltan as merendas!
lunes, 22 de junio de 2020
Orgullo Crítico LGTBI+, actos 2ª semana e 28 de xuño!
Queres saber que facer para estos días?
25/06
-20h Webinar "Orgullo(S) Crítico(S)" coa participación do Orgullo Crítico de Madrid e do Agrocuir da Ulloa.
Enlace para conexión e normas clicando AQUÍ
26/06
-12.30h Un día en familia. Monte vixiador.
Trae o teu xantar e comparte un día no monte con máis familias LGTBI.
Contaremos con 2 monitoras de tempo libre que organizarán actividades para as crianzas. Confirmar asistencia 685.475.622 ou nosmesmas@felgtb.org
-13h Pregón do Orgullo, da man da Rede educativa de apoio LGBTIQ+ de Galicia.
Sigueo nas nosas redes sociais.
-19h Orgullo Simbólico. Praza da Pedra
A Praza da Pedra sempre acolle a conmemoración do Orgullo, este ano non pode ser, pero convidámoste a que, durante todo o día, deixes o cartaz que levarías a mani do Orgullo na Praza da Pedra, pegao na baranda, deixao apoiado na parede, nos bancos...
-22h Orgullo tamén é festa! Canal YouTube Asociación Nós Mesmas
Pinchada online das DJ VFuturo @lo_futuro e Ana en Pecado @anaenpecado
*Retrasamos a pinchada para asistir a Manifestación Antifascista das 20h
28/06
20h PEDALADA DO ORGULLO saída Paseo de Alfonso XII
Este ano cambiamos o formato da manifestación debido a situación sanitaria provocada polo COVID 19 asegurando as medidas de distanciamento e para levar o Orgullo máis aló do centro da cidade utilizando a bici como medio de transporte viable para Vigo.
Abrirá a pedalada un vehículo con megafonía, as bicis deberán ir sempre detrás.
O percorrido será por tramos. Podes inscribirte en todos os tramos que queiras.
Despois de cada tramo farase unha parada na que podes deixar a pedalada ou unirte.
21.30h CONCENTRACIÓN ORGULLO CRÍTICO LGTBI+ VIGO 2020 na Porta do Sol
Ao finalizar a pedalada, realizaremos a concentración e lectura do manifesto na Porta do Sol.
Concentración convocada por Avante LGBTI Vigo e Nós Mesmas.
miércoles, 17 de junio de 2020
Inscríbete nos actos do Orgullo: Tortigrafías e Pedalada do Orgullo
Ademais, recorda que para participar debes cumprir unha serie de normas para previr a propagación do coronavirus que atoparás nos formularios de inscrición.
Clica sobre a imaxe para inscribirte en cada acción:
Neste taller, impartido pola Compañía de Teatro A Panadaría e que mestura crítica, arte e xeografía, elaboramos un mapa colaborativo poñendo atención á visibilidade e seguridade do colectivo LGTBIQ+ nas rúas da cidade para xerar dinámicas de reflexión sobre a habitabilidade do territorio.
Este ano cambiamos o formato da manifestación debido a crise do COVID 19 para asegurar as medidas de distanciamento e para levar o Orgullo máis aló do centro da cidade utilizando a bici como medio de transporte viable para Vigo.
Abrirá a pedalada un vehículo con megafonía, as bicis irán detrás.
O percorrido será por tramos. Podes inscribirte en todos os tramos que queiras.
Despois de cada tramo farase unha parada na que podes deixar a pedalada ou unirte.
Ao finalizar a pedalada no Paseo de Alfonso XII, baixaremos a pé á Porta do Sol, para finalizar cunha concentración polo Orgullo Crítico LGTBI convocada por Nós Mesmas e Avante LGBTI Vigo.
martes, 16 de junio de 2020
miércoles, 10 de junio de 2020
Servizo de atención psicolóxica
Coa chegada dun novo verán... reabrimos o servizo de atención psicolóxica!
Xa podes contactar para pedir unha cita e/ou achegarlle esta información a quen consideres que lle pode interesar.
Este servizo está pensado para realizar sesións individuais e grupais, acompañar no proceso de crecemento e aceptación persoal e familiar, realizar obradoiros de autoestima e empoderamento, facilitar os procesos de recuperación trala vivencia de agresións ou situacións de acoso homofóbico e transfóbico, así como compañar na descuberta dos propios recursos persoais cos que facer fronte a unha situación de discriminación e para o manexo do malestar emocional.
Estamos luns, martes e mércores en horario de mañá e de tarde.