O drama da guerra
A cifra de persoas que teñen abandonado Ucraína cara os países veciños desde o inicio da invasión rusa supera xa os dous millóns de persoas, segundo os últimos datos da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), e agárdase que esta cifra siga a aumentar. A poboación está a atravesar unha grave crise humanitaria e tanto os ucraínos que xa foron evacuados do país coma os que teñen permanecido na zona de guerra, enfróntanse a duras condicións climáticas, ao medo, á inseguridade e á falta de medicamentos e alimentos.
Á crueza da guerra súmaselle, a maiores, outros perigos para a humanidade. O goberno ruso leva anos emprendendo unha guerra soterrada contra os valores da Unión Europea de igualdade, liberdade e diversidade. O que está a suceder na Ucraína non é só un ataque contra o pobo ucraíno, é parte dunha guerra contra os Dereitos Humanos e contra os valores fundacionais da Unión Europea. Esta situación fundamenta a necesidade de reforzar a unión, a cooperación, a solidariedade e a empatía coas persoas que están a fuxir da guerra, pero non só deste conflito, debería estenderse a todos os que acontecen no mundo.
Desde a FELGTBI+ poñemos en marcha esta campaña de recadación de fondos para axudar a todas aquelas persoas refuxiadas e vítimas das atrocidades de todas as guerras.
Coa túa doazón poderemos apoiar ás entidades sociais que traballan nos distintos territorios en conflito para tratar de aliviar a situación de miles de persoas refuxiadas de todas as guerras. Hoxe son elas, mañá pódete tocar a ti.
DOA: