Pages - Menu

viernes, 20 de octubre de 2023

Como nos financiamos?

 

 
Para poder realizar a labor social que facemos a diario, precisamos recursos, económicos e materiais. Un recurso imprescindible é contar cun espazo onde estar, onde atender, realizar actividades, atoparnos, contar cun espazo seguro...isto é posible pola procura de subvencións que cubren parte do que implica ter un local (aluguer, facturas, seguros...).

Acabamos de coñecer a concesión da axuda dirixida ás asociacións de mulleres para consolidar o movemento asociativo das mulleres galegas, parte da Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de promoción do emprego e igualdade da Xunta de Galicia. 

Como resultado da convocatoria, contamos cunha subvención de 4000€ aprobada para un gasto executado de 6775,54€



jueves, 5 de octubre de 2023

1ª Xornadas de Diversidade, Empoderamento e Voluntariado.

 

Do 27 ao 29 de outubro terá lugar as nosas primeiras Xornadas de Diversidade, Empoderamento e Voluntariado. 🏳️‍🌈🏳️‍⚧️🏳️‍🌈🏳️‍⚧️


💪🫂Para conmemorar estes 15 anos de acción social queremos compartir este espazo de convivencia, formación, reflexión e partillamento de experiencias en torno a nosa acción voluntaria.

Está dirixida ás persoas voluntarias en Nós Mesmas e aquelas que teñen interese en selo!

💗Cunha programación super completa! Contaremos con Irene Francés, coa cooperativa @outrora.coop e con @carmelabarada




Inscríbete ata o 20 de outubro. Prazas limitadas! Inscríbete a través do correo nosmesmas@felgtbi.org

👁️ Corrección de erros: no programa aparece escrito Carme Barada, pero o nome correcto é "Carmela Barada"


Estás xornadas están subvencionadas pola Consellería de Política Social e Xuventude.