




Como cada ano, o traballo e a implicación que hai detrás da programación de actos culturais, sociais e reivindicativos é moito maior do que se pode imaxinar, activismo, voluntariado e solidaridade construen cada acto, cada actividade e son as únicas razóns polas que se consigue encher a rúa cunha manifestación que visibilice a diversidade real e cunha festa final na que disfrutarnos, vivirnos e ocupar os espazos cos nosos corpos, as nosas formas de ser, de vivir e de amar.

Nos últimos anos solicitábamos a subvención da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo para actividades a realizar pola igualdade, cun máximo a recibir de 3000€ (de aí que o logo do Concello de Vigo e da Concellería constase na cartelería do Orgullo) sendo o coste total ata 4 veces maior, cartos que autofinanciabamos (e sexamos conscientes, para unha cidade como Vigo, unha inversión de 12000€ nunha programación de actos dun mes, non é elevada e tamén teñamos en conta o traballo se fai desde o voluntariado e incluso moitas persoas profesionais realizan intervencións con coste baixo ou incluso de balde) e estamos falando só da parte de inversión de Nós Mesmas, temos as compas de @avantevigo coa súa programación tamén!
Este ano, ante os requisitos legais (vémonos na obriga de instalar 4 baños públicos) solicitamos apoio por parte do Concello para que se encargasen desa instalación, solicitamos moitas xuntanzas, trasladamos a nosa preocupación, o noso hartazgo de brear cada ano con cero apoio para conmemorar o Día do Orgullo e facer de Vigo unha cidade diversa e inclusiva e solicitamos a súa implicación poñendo de exemplo tamén a implicación dos gobernos locais de moitísimos concellos de Galicia para sacar adiante Orgullos na súas comarcas.




Estamos aquí para responder calquera dúbida que poida xurdir, queremos ser transparentes con todo o acontecido así como co que recademos e o seu uso.
E igualmente, podes colaborar difundindo a nosa petición ou achegándote para ser parte do voluntariado, teremos moito que facer e cantas máis mans mellor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario