Pages - Menu

viernes, 16 de mayo de 2025

SOMOS HYPE! Mocidade LGTBIQ+ con ganas de brillar, loitar e transformar.

 



Somos Hype! é un termo moi popular que utilizamos para expresar entusiasmo, emoción e expectación por algo positivo. E así é este espazo xa que como mocidade LGTBI+ somos enerxía, queremos emocionarnos e expresar(nos) sen tapuxos, nin complexos! 

Este proxecto trata de crear espazos de apoio e benestar, onde tecer redes con máis mocidade, a educación emocional e o autocoidado sexan claves! 
Contaremos con actividades de lecer onde coñecernos e aprender, crearemos campañas de visibilización da realidade da mocidade LGTBI e promoveremos valores de solidaridade, igualdade de xénero e loita contra a discriminación lgtbifóbica.

Se tes entre 14 e 30 anos, participa! podes sumarte a todo ou ben ao que máis te preste!!! 

🎉 Estreamos programación cunha quedada moi top o 23 de maio ás 17h cunhe sexólogue para falar sen tabús, compartir dúbidas, coñecernos e crear redes de confianza 🧠💬💖

🧵 E en xullo… chega o curso de costura máis hype da historia:
🪡 “Puntadas de benestar” → todos os xoves de 12:00 a 13:30 
📦 Faremos unha mochila e un neceser chulísimos para levar á praia, monte ou festival 🎒🌊🌲🎶
‼️ Prazas moi limitadas! Non quedes sen a túa!

📝 Queres recibir info das actividades que imos facer,  vir á quedada ou apuntarte ao curso?
➡️ Apúntate!!! https://forms.gle/6kd9JD8x5JnmtF1c6






As actividades que realizaremos dentro do SomosHype! son todas de balde xa que as financiaremos cunha subvención da Deputación de Pontevedra.


Que ten en común a liberación sexual coa liberación do pobo palestino? Sobre o xenocidio, homonacionalismo sionista e pinkwhasing.

 



O mércores 21 de maio ás 19h convidámoste a unha charla imprescindible onde abordaremos o pinkwashing como estratexia de homonacionalismo empregada por Israel para branquear os seus crimes contra o pobo palestino.

Analizaremos o papel do movemento Queers for Palestine e reflexionaremos sobre a necesidade dunha loita interseccional pola liberación sexual e xustiza global.

🌈✊ Non faltes!
📆 Mércores 21 de maio ás 19h

📍 Sede Nós Mesmas, R/Torrecedeira, 19, Vigo
🗣️ Nono Enrique Santos (elu/el) Master en Sexoloxia e Xénero

viernes, 11 de abril de 2025

Festival LBTIQ+ Bolleras, viciosas, marimachas e travelas, 26 de abril

 PROGRAMACIÓN Festival LBTIQ+ Bolleras, Viciosas, Marimachas e Travelas, Contra a violencia de xénero cara as mulleres LBT e persoas non binarias, 26 de abril  en A Morada, R/Enrique Macias, Vigo

💗É marabilloso e somos super felices de saber que contamos con:
-O noso Grupo Powerful do proxecto +Visibles - Violencia para contarvos o conseguido nestes meses! 💪
-O musicón de Eme D🎧
-Delirio e risas aseguradas cos Delirio Sketchs de Cru co elenco acompañando Cata Ukelele, High Paw, Tamy (Laura Merchan) e Mercedes Pezón (Javier Sánchez). 🤩
-Voltaremos unha ollada a adolescencia de moitas con Muller de 6 ollos e o seu Fanzine "Mi nick era humeda" 💦💦
-Escoitaremos historias que todas coñecemos con Atenea García e  "Vicio houbo sempre" 😚🤭
-Botaremos un Bingo pra señoras con espectáculo drag incluído con Aymar Note e o recadado no bingo irá para o noso Bote Solidario. 🎰

ENTRADA NECESARIA, GRATUÍTA, CLICA AQUÍ

Xantar feito por Sukha Funk, opción hamburguesa ou prato mexicano vegano, 10€ IMPORTANTE RESERVA E PAGO ANTES DO  16/04 AQUÍ

Espazo Crianzas xestionado por coidadoras, gratuíto, reserva antes do 16/04, AQUÍ