Despois da primeira entrega do curso, repetimos! pero desta vez divido en 3 módulos, de 10h cada un, independentes pero complementarios.
Diariamente afrontamos situacións que nos afectan a nivel emocional, pero non sempre conseguimos xestionalas do mellor xeito, manexar o estres, a ansiedade, a ira... e acabamos arrastrando frustracións que nos fan sentir emocións negativas sobre nós mesmas.
Traballaremos con perspectiva de xénero para profundar na forma de comunicarnos e relacionarnos, xestionar conflitos e manexar as nosas emocións para acadar un benestar emocional como mulleres.
Obxectivos:
Coñecer as estratexias básicas para o axeitado manexo e control das emocións.
Identificar as situacións de conflito e as posibles repercusións.
Identificar os diferentes modelos de resolución de conflitos
DATAS:
Módulo 1
|
|
Grupo 1
|
Grupo 2
|
29 Xaneiro
|
30 Xaneiro
|
5, 19 e 26 Febreiro
|
6, 20 e 27 Febreiro
|
HORARIO:
Grupo 1: 18.30 a 21.00h
Grupo 2: 11.00 a 13.30h
LUGAR:
Porta do Sol, 11 Bis, 1º
Asociación Nós Mesmas
COSTE 8€
DIPLOMA ASISTENCIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario