Este é un grupo de nais lesbianas e/ou bisexuais con fillxs ou con ganas de telos, con inquedanzas comúns que ofrecen:
- Un espazo de relación positivo e afectuoso, para coñecerse entre elas e coñecer aos e as súas fillas.
- Un referente para outras familias homomaternais ou mulleres que desexen vivir a súa maternidade dende unha realidade non heteronormativa.
- Un respaldo de apoio e de forza, para defender e protexer os nosos dereitos como familias ante calquer tipo de vilneración dos mesmos.
Queremos compartir con outras mulleres as nosas experiencias e inquedanzas, e que os e as nosas fillas coñezanse e convivan con outras familias homomaternais.
A proposta é xuntarnos, coñecernos e a partir de ahí, seguir camiñando polos nosos dereitos.
Se queres máis información ou asistir algunha reunión contacta a través de nosmesmas@felgtb.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario