Voltan as merendas dos martes no local da asociación Nós Mesmas!
Para todas aquelas persoas que precisen dun espazo no que intercambiar información, inquedanzas e experiencias sobre o proceso de tránsito en relación á vivencia da transexualidade.
Mañá martes día 30 de xullo ás 18.30hs coa idea de formar un grupo de apoio mutuo onde compartir o semellante e o diverso...
Pola loita dos dereitos das mulleres lesbianas, bisexuais, trans e persoas trans e non binarias.
Pages - Menu
▼
lunes, 29 de julio de 2019
viernes, 26 de julio de 2019
Grupo de Sendeirismo LGTBI+
GRUPO DE SENDEIRISMO
Aproveitando o Programa Conectadas da Deputación de Pontevedra, este mes de setembro iniciamos un grupo de senderismo.
A inscrición ten un custe de 6€ (íntegro para a Deputación) que deberá aboarse o primeiro día.
Polo de agora, a actividade ten unha duración de 35 horas, comezando o vindeiro sábado 14 de setembro e relizandose sempre en sábado (horario e lugar por concretar).
Éimprescindible a inscrición no programa, as prazas son limitadas, sendo a maioría das prazas (75%) reservadas para mulleres.
O día 4 de setembro confirmarase a inscrición por correo electrónico.
lunes, 22 de julio de 2019
Cambio horario do Servizo de Orientación, formación e asesoramento social e laboral.
luns a venres de 8 a 16h
Recorda solicitar cita previa nos tlfs 722286300 ou 627736965 e no correo nosmesmas@felgtb.org
O Servizo de Orientación, formación e asesoramento social e laboral a mulleres LBT é un servizo gratuíto, de atención individualizada, onde poderás informarte e recibir o apoio que precisas.
- Mellora da empregabilidade: recibe formación práctica para adquirir as competencias laborais que máis se adaptan ao teu perfil e ao mercado laboral.
-Atención laboral: procura do teu primeiro emprego, elaboración de CV e cartas de presentación, formación para a procura de emprego, asesoramento sobre formación e reciclaxe profesional, utilización das novas tecnoloxías na procura de emprego, etc
-Atención social: información e asesoramento sobre recursos dispoñibles, asesoramento sobre reproducción asistida, filiación, proceso de tránsito, cambio rexistral, etc
contáctanos!!!
viernes, 5 de julio de 2019
Servizo de atención psicolóxica
Abre o servizo de atención psicolóxica en Nós Mesmas!
Un espazo pensado para o acompañamento individual, no que facilitar a toma de conciencia da situación persoal presente e dos recursos e fortalezas propias para o autoapoio.
Se estás con malestar físico e emocional percibindo síntomas que se manteñen no tempo, se estás atravesando un proceso de dó ou algunha crise persoal, se viviches ou estás a vivir algunha situación de discriminación ou agresión, se precisas de apoio para a aceptación na familia ou se queres indagar nun proceso de crecemento persoal, podes contactarnos chamando ou escribindo a este email.
Atendemos os luns e os martes en horario de mañá e de tarde e os mércores polas mañás con cita previa.
Agradecemos que espalles esta información entre os teus contactos.
Programa subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020