Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2013

Liberdade sen recortes.

Para Rusia con Amor

Stop LGTBfobia

Visibilidade lésbica 2013

Flashmob e bicada na Rúa do Principe.

miércoles, 14 de julio de 2010

Seguimos con Isaac e Xulio

Onte, e baixo o sentir de todas e todos, Jacobo Piñeiro saía de prisión despois de catro anos de prisión provisional por non contar cunha sentenza firme que o condene polo crime homófobo cometido na rúa Oporto da nosa cidade.

Tras resolverse o recurso de Pontevedra debíase fixar un novo sinalamento de xuízo e a designación dun novo xurado, para que volva a repetirse o mesmo e ditarse unha nova sentenza e debía facelo con anterioridade ao 14 de xullo, pois do contrario o asasino sería posto en liberdade pendente de xuízo, temendo a nai e os seus avogados que si isto acontecía podería saír do país e non ser xulgado nunca, dada a súa solvente situación económica.

A razón pola que sería posto en liberdade pendente de xuízo, é que o tempo máximo que establece a lei no que unha persoa pode estar en situación de prisión preventiva é de 4 anos, e cumpríronse, desde que foi detido e ingresado en prisión, onte 13 de xullo.

Sendo esa a situación resolvemos inicialmente, xunto coa FELGTB e Milhomes, emitir unha primeira nota de prensa a finais de maio para atraer a atención mediática sobre esta situación que servira de medida de presión para que o TS resolvera o recurso e a AP de Pontevedra resolvera sobre o sinalamento do xuízo e designación dun novo xurado con anterioridade ao día 14 de xullo, en evitación de que o asasino quedara en liberdade pendente de xuízo, da que se fixeron eco numerosos medios…

A mediados do mes de xuño Antonio Poveda, presidente da FELGTB, Jose, presidente de Milhomes e Eisabet, vicepresidenta de Nós Mesmas, acudimos a dúas reunións co fiscal que leva o caso e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nas que volvemos a trasladar esta preocupación.

Definitivamente como sabedes no día de hoxe e por razóns expresadas, ao non resolverse a tempo por parte da AP, o asasino saíu a rúa decretándose como medidas de garantías, a obriga de persoarse todos os días no xulgado, a retirada do pasaporte e do DNI e o aviso en todas as fronteiras da prohibición de saír do país.

Como colectivo mostramos a nosa repulsa ás escasas medidas tomadas para previr a fuga e a situación alcanzada, posicionándonos de xeito crítico co desenvolvemento deste proceso e con desconfianza ante como se realizarán as cousas a partir de agora.

Apoiamos ás accións realizadas polos nosos e nosas compañeiras onte en Santiago, e informamos de que non realizamos concentración en Vigo, xa que no noso intento de convocar unha concentración atopamonos, sorpresivamente, con que Colegas Vigo, da que non coñeciamos da súa existencia, perdoade pero pecamos de ignorancia e temos que recoñecelo,;convocou e organizou dito acto para o sábado 17 e non nos pareceu o mellor convocar nós outra diferente máis que nada porque pensamos que unha dobre convocatoria xeraría confusión a nivel social o mostrar unha división nun tema que tan importante como este no que chegamos a reflexionar despois do ocurrido que o importante e movilizarnos e non quén é o que convoca.