Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2013

Liberdade sen recortes.

Para Rusia con Amor

Stop LGTBfobia

Visibilidade lésbica 2013

Flashmob e bicada na Rúa do Principe.

lunes, 19 de septiembre de 2011

BIsible=BIsexual. Día Internacional da Visibilidade Bisexual.

Son BIsexual, son BIsible.
E baixo este lema queremos recordar que non temos que dun lado ou outro, que rexeitamos o dicotomismo social no que nos ensinan a encaixar, que son bisexual e sinto atracción sexual, emocional e/ou romántica hacia persoas de calquer sexo e/ou xénero, non necesariamente da mesma maneira, ao mesmo nivel ou coa mesma intensidade.

Por cuarto ano a nivel estatal e terceiro no noso caso, reclamamos unha sociedade libre de bifóbia. Bifóbia que exteriorizase de moitos xeitos, dubidando da lexitimidade da nosa orientación, invisibilizandonos queréndonos enmarcar nunha ou noutra orientación, tratandonos como indecisos e identificandonos con conductas que nada teñen que ver con nós (promiscuxs, infieis, portadores de ITS....)

Dende Nós Mesmas organizamos unha pequena Mostra BIsible=BIsexual onde facemos un breve recorrido mostrando algúnha das persoaxes públicas, históricas e actuais, que fixeron pública a súa bisexualidade.

<> Esperanza Montero