Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

miércoles, 18 de noviembre de 2020

IV Xornadas Tratamento da Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero nas Aulas

 

Pasou un ano e xa están aquí as IV Xornadas de Tratamento da Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero nas Aulas.

Este ano cambiamos formato e adaptándonos a situación actual, desenvolveránse online, a través de Zoom. O que non cambia é a calidade das intervencións e das experiencias prácticas que nos compartirán diferentes profesionais do eido socioeducativo.

Contaremos con 3 ponencias marco e 3 experiencias prácticas que nos aportarán coñecementos sobre como integrar a diversidade afectiva-sexual e de xénero na nosa práctica educativa, ben como profesorado, educador/a, monitor, psicólogo...

Susana Guerrero Salazar (Univ. de Málaga), Melani Penna Tosso (Univ. Complutense de Madrid) e Pau-Eloy García (Transdiversia) afondarán nas identidades trans, na educación e na linguaxe inclusiva como ferramentas da práctica educativa e a formación teórica se completará coa experiencial da man de Cristina Pérez-Sánchez (Algarabía), Luz Beloso (IES As Barxas) e Carlos Tejo (Univ. de Vigo) que compartirán as súas experiencias traballando diferentes proxectos nos seus centros educativos. 

Para inscribirte nas xornadas preme aquí e consulta a  programación completa.





















Subvenciona: 







lunes, 2 de noviembre de 2020

Mocidade LGBTI+: Activista, comprometidxs, coas ideas claras!

Somos conscientes que nos toca vivir un ano compricado.

Límites para reunirnos, para desprazarnos, para quedar cxs amigxs...

Pero non hai COVID que nos diga que pensar, sobre que opinar nin como quero que sexa o mundo no que vivo.

Como mozx LGTBI+, son activista, comprométome coa causa, busco espazos identitarios onde crear discursos, aprender e transformar a realidade.

E queremos saber tamén que te interesa a ti e se queres participar en crear espazos para a xuventude LGTBI+. Coas túas respostas e a túa participación crearemos foros, obradoiros e un espazo de capacitación onde dar resposta as nosas inquedanzas! 

Entra neste enlace e responde a estas cuestións, non te levará moito tempo 😋




viernes, 30 de octubre de 2020

Servizo orientación, atención e asesoramento mocidade LGTBI+

 


Tes dúbidas
Precisas información sobre ITS, tránsito, como saír do armario...?
Queres asesorarte sobre como denunciar unha situación de acoso LGTBfóbico?
Apetéceche coñecer máis xente moza LGTBI+ e ser activista?

Se tes entre 14 e 30 anos, este é un espazo para ti! 
Contáctanos e falámos!

teléfono e whatsapp 722286300
correo nosmesmas@felgtb.org
telegram Aso. Nós Mesmas
instagram @asociacion_nosmesmas
facebook aso nosmesmas


jueves, 13 de agosto de 2020

 un ano máis voltan os obradoiros de setembro!

Desta volta será sobre educación sexual, un obradoiro máis teórico e menos vivencial que en anos pasados.
Será o luns día 7, martes 8, venres 18 e venres 25 de setembro, das 18 ás 21hs, na Casa das Mulleres (R/Romil nº20)
Aberto a calquera persoa con curiosidade e inquedanzas persoais e/ou profesionais neste ámbito.

Unha formación pensada para reflexionar sobre o sexo dende unha mirada comprensiva e de cultivo.

Para achegar nocións e ideas que poden axudar a entender o feito sexual humano e as súas implicacións.

Para vivirse como os suxeitos sexuados que somos.

Para unha mellor convivencia entre os sexos.

Hai límite de prazas, este ano o aforo está limitado a 15 participantes, polo que priorizaranse aquelas persoas que podan asistir ao conxunto do obradoiro (os 4 días) e iranse cubrindo as prazas por orde de inscición.

Para inscribirte, lembra enviarnos o teu nome e apelidos, un teléfono de contacto, idade, días nos que podes asistir e motivacións para facer este obradoiro. Nuns días, antes do día 2, recibirás un email para confirmarche ou non a túa inscrición.

Calquera dúbida ou para máis información sobre o programa, chámanos ou escríbenos!
Agardámoste!



viernes, 26 de junio de 2020

voltan as merendas!

Se che presta pasarte por algunha das merendas do grupo de apoio contacta!
Para todas aquelas persoas que precisen dun espazo no que intercambiar información, inquedanzas e experiencias sobre o proceso de tránsito en relación á vivencia da transexualidade.



lunes, 22 de junio de 2020

Orgullo Crítico LGTBI+, actos 2ª semana e 28 de xuño!

Entramos na última semana, a carreira final antes do 28 de xuño, día do Orgullo LGTBI+

Queres saber que facer para estos días? 

25/06 
-20h Webinar "Orgullo(S) Crítico(S)" coa participación do Orgullo Crítico de Madrid e do Agrocuir da Ulloa.
Enlace para conexión e normas clicando AQUÍ 

26/06 
-18.30h Orgullo de Emerxencia na Porta do Sol
Porque a crise creada polo Covid 19 acentúa a desigualdade estructural que xa existía facendonos máis vulnerables. 
Punto de rúa para a recollida de productos de primeira necesidade (alimentos, hixiene e limpeza) para manter o apoio que se lle brinda a 30 unidades familiares desde o inicio do confinamento.

-20h Pasarúas Batucada Feminista

27/06
-12.30h Un día en familia. Monte vixiador.
Trae o teu xantar e comparte un día no monte con máis familias LGTBI. 
Contaremos con 2 monitoras de tempo libre que organizarán actividades para as crianzas. Confirmar asistencia 685.475.622 ou nosmesmas@felgtb.org

-13h Pregón do Orgullo, da man da Rede educativa de apoio LGBTIQ+ de Galicia.
Sigueo nas nosas redes sociais.


-19h Orgullo Simbólico. Praza da Pedra
A Praza da Pedra sempre acolle a conmemoración do Orgullo, este ano non pode ser, pero convidámoste a que, durante todo o día, deixes o cartaz que levarías a mani do Orgullo na Praza da Pedra, pegao na baranda, deixao apoiado na parede, nos bancos...

-22h Orgullo tamén é festa! Canal YouTube Asociación Nós Mesmas
Pinchada online das DJ VFuturo @lo_futuro e Ana en Pecado @anaenpecado
*Retrasamos a pinchada para asistir a Manifestación Antifascista das 20h

28/06 
20h PEDALADA DO ORGULLO saída Paseo de Alfonso XII
Este ano cambiamos o formato da manifestación debido a situación sanitaria provocada polo COVID 19 asegurando as medidas de distanciamento e para levar o Orgullo máis aló do centro da cidade utilizando a bici como medio de transporte viable para Vigo.

Abrirá a pedalada un vehículo con megafonía, as bicis deberán ir sempre detrás. 
O percorrido será por tramos. Podes inscribirte en todos os tramos que queiras.
 Despois de cada tramo farase unha parada na que podes deixar a pedalada ou unirte. 

INSCRÍBETE AQUÍ E CONSULTA AQUÍ A RUTA

21.30h CONCENTRACIÓN ORGULLO CRÍTICO LGTBI+ VIGO 2020 na Porta do Sol
Ao finalizar a pedalada, realizaremos a concentración e lectura do manifesto na Porta do Sol. 
Concentración convocada por Avante LGBTI Vigo e Nós Mesmas.





miércoles, 17 de junio de 2020

Inscríbete nos actos do Orgullo: Tortigrafías e Pedalada do Orgullo

Para participar no OBRADOIRO TORTIGRAFÍAS o sábado 20/06 ou na MANIFESTACIÓN-PEDALADA DO ORGULLO o domingo 28/06, lembra inscribirte previamente!! 

Ademais, recorda que para participar debes cumprir unha serie de normas para previr a propagación do coronavirus que atoparás nos formularios de inscrición.

Clica sobre a imaxe para inscribirte en cada acción:


Neste taller, impartido pola Compañía de Teatro A Panadaría e que mestura crítica, arte e xeografía, elaboramos un mapa colaborativo poñendo atención á visibilidade e seguridade do colectivo LGTBIQ+ nas rúas da cidade para xerar dinámicas de reflexión sobre a habitabilidade do territorio.


Este ano cambiamos o formato da manifestación debido a crise do COVID 19 para asegurar as medidas de distanciamento e para levar o Orgullo máis aló do centro da cidade utilizando a bici como medio de transporte viable para Vigo.
Abrirá a pedalada un vehículo con megafonía, as bicis irán detrás. 
O percorrido será por tramos. Podes inscribirte en todos os tramos que queiras.
Despois de cada tramo farase unha parada na que podes deixar a pedalada ou unirte. 

Ao finalizar a pedalada no Paseo de Alfonso XII, baixaremos a pé á Porta do Sol, para finalizar cunha concentración polo Orgullo Crítico LGTBI convocada por Nós Mesmas e Avante LGBTI Vigo.






miércoles, 10 de junio de 2020

Servizo de atención psicolóxica

 Coa chegada dun novo verán... reabrimos o servizo de atención psicolóxica!

Xa podes contactar para pedir unha cita e/ou achegarlle esta información a quen consideres que lle pode interesar.

Este servizo está pensado para realizar sesións individuais e  grupais, acompañar no proceso de crecemento e aceptación persoal e familiar, realizar obradoiros de autoestima e empoderamento, facilitar os procesos de recuperación trala vivencia de agresións ou situacións de acoso homofóbico e transfóbico, así como compañar na descuberta dos propios recursos persoais cos que facer fronte a unha situación de discriminación e para o manexo do malestar emocional.

Estamos luns, martes e mércores en horario de mañá e de tarde.


jueves, 9 de enero de 2020

Curso Competencias Clave 2020

Os certificados de profesionalidade son unha ferramenta moi útil na mellora da empregabilidade. Para acceder aos estes, no caso dos certificados de nivel 2 e 3, temos que cumprir certos requisitos formativos.
Que ocorre se non cumprimos estos requisitos?  ter a ESO, o Bacherelato ou equivalentes)
Podemos acceder superando as probas de avaliación en competencias clave de nivel 2 ou de nivel 3.
En Nós Mesmas ofertamos un curso gratuíto de 70h de duración para a preparación das  probas das competencias clave que teñen lugar, cada ano, no mes de maio en Silleda.
Traballaremos cun grupo reducido, máximo 10 persoas, para preparar un dos niveis, dependendo do nivel das persoas inscritas, prepararemos un ou ambos niveis.
Preinscripción ata o 31 de xaneiro no seguinte enlace:
Comunicación selección participantes ata o 7 de febreiro
Inicio curso: 17/febreiro/2020
Horario: 16.30-18.30h luns e mércores
Lugar de celebración: Porta do Sol, 11-bis, 3º entresuelo, Vigo



STOP Agresións LGTBIfóbicas!

Dende Nós Mesmas condeamos a violencia machista e lesbófoba acontecida fai 15 días en Carballo, A Coruña.
Aquí a noticia da Voz de Galicia, 14/11/2019

Dúas menores agredidas físicamente por rapaces tamén menores, polo simple feito de SER.

Os discursos da extrema dereita, machistas, lesbófobos, tránsfobos, bífobos e gayfobos, fomentan a violencia e a discriminación e aumentan a brecha da desigualdade. SON DESCURSOS DE ODIO QUE FOMENTAN O ODIO, é como tal, son delito!

Dende Nós Mesmas condenamos esta agresión, condenamos e denunciamos unha sociedade homófoba que impide que dúas menores denuncien unha brutal agresión porque as súas familias non saben que son lesbianas e que permite que estes agresores (e todas as persoas ao redor) aprendan que non pasa nada por pegarlle unha paliza a unhas lesbianas e exisimos que se apliquen as leis e un partido como VOX España sexa declarado inconstitucional por vulnerar os dereitos humanos, por fomentar o odio. A intolerancia non é un discurso a tolerar!
Estes discursos provocan medo e rechazo na poboación, poñendo en perigo as nosas vidas, poñendo en perigo a convicencia e poñendo en risco o camiño feito cara a igualdade e a diversidade e a non discriminación no noso Estado.  
Esta agresión quedará impune, como tantas outras, dende Nós Mesmas e dende os colectivos LGTBI galegos, non deixaremos de loitar cada día para que isto cambie, para que a LGTBIfobia non quede impune e non sexa considerada unha "opción ideolóxica democrática".