Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2013

Liberdade sen recortes.

Para Rusia con Amor

Stop LGTBfobia

Visibilidade lésbica 2013

Flashmob e bicada na Rúa do Principe.

martes, 8 de noviembre de 2016

Agora os Centros de Información a Muller, tamén atenden aos LGTBI!


Achegase este ano o 25 de novembro, día contra a violencia machista, coa entrada en vigor da nova normativa dos Centros de Información ás Mulleres (CIM) de Galiza, o novo decreto entrou en vigor o 24 de outubro, publicado no DOG o 3 de outubro.

Son 81 os CIMs que atopamos no noso territorio, en TODO o territorio, para atender as demandas e necesidades de información, atención e asesoramento xurídico e psicolóxico de mulleres vítimas da violencia machista.

Poboación-prevalencia da violencia machista-número de vítimas (mortais ou non, ollo!)-nº de CIMs
As cifras non encaixan....

Máis agora, entra unha nova peza na ecuación.

O novo decreto que regula o funcionamento dos Centros de Información á Muller.
A lei dí que pasaron 10 anos e hai que revisalo.

E se nesa revisión, pódese “calzar” algo que te ten comprometido pero para o que non queres destinar recursos e que ademais vaiche colocar a chapa gayfriendly....que máis se pode pedir!

Tanto é así que, desoíndo as queixas das traballadoras dos CIMs así como as entidades LGTBI galegas, a Xunta inclúe nesta modificación:

“Entre as funcións que poderán desenvolver os CIMs, incluirá tamén actividades de información e atención ao colectivo LGTBI, segundo a Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia establece que se apoiará un servizo de información, atención e asesoramento a lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais e ás súas familias e persoas achegadas, en colaboración cos gobernos locais.”


Unha vez a Lei LGTBI galega volve para arremeter contra o propio colectivo! 
Aplausos, por favor.

Isto é o que pasa cando o Parlamento permite a aprobación dunha lei valeira de contido despois de pasar polas tixolas (ou segadora) do Partido Popular....
Segundo xs que votaron a favor, esta lei é un camiño andado, agora só queda ir modificándoa pouco a pouco...

Levamos 2 anos, nin se aplica o que é tan necesario aplicar, nin se modifica nin un chisco por que a maioría parlamentaria tira todo para abaixo, como era de previr.

Golazo.

Para nós e para a cidadanía, contar con esta lei é como ter a carátula dun super disco e atopala baleira o abrilo...a única posibilidade que nos da é utilizala como un Boomerang, tirándoa como exisencia do que “case” prometeron.


Pero voltemos ós CIMs:

Nin os CIMs teñen a capacidade, recursos e tempo de atender a outro colectivo máis coas súas específicidades.
Nin as traballadoras teñen a formación e/ou sensibilidade necesaria.
Nin os gobernos locais van a destinar máis recursos para cubrir esta nova necesidade que a Xunta xera, cando estando moitos CIMs ata arriba de traballo non se contrataba a máis persoal.

Por non ter, non teñen nin un nome que de pé ao colectivo LGTBI a acudir a informarse e asesorarse.

Dende Nós Mesmas denunciamos esta situación, este meternos nalgún oquiño para darnos por satisfeitxs...mentres lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais seguen sendo acosadxs, vexadxs, insultadxs, apaleadxs, humilladxs, discriminadxs e empurradxs ao suicidio.

Seguiremos facendo todo o que está nas nosas mans para achar o cambio, aínda que non sexa doado.

Concesión de subvención pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Este ano, grazas ao recoñecemento como entidade prestadora de servizos sociais, puidemos optar a solicitude da axuda económica destinada a fomentar o asociacionismo e participación das mulleres, convocada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Chegounos agora a confirmación de que concédesenos 2000€ para o mantemento do local da asociación.
Isto é unha pequena axuda que facilítanos a labor social e reivindicativa que vimos e seguiremos facendo.