Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2013

Liberdade sen recortes.

Para Rusia con Amor

Stop LGTBfobia

Visibilidade lésbica 2013

Flashmob e bicada na Rúa do Principe.

sábado, 26 de abril de 2014

Porque un día como o de hoxe? 26 abril, día da visibilidade lésbica

Esta semana celébrase o Día da Visibilidade Lésbica, un día no que as mulleres lesbianas, algunhas de nós, as que podemos, vémonos na obriga de saír á rúa, unha vez máis, de romper armarios, de ter que VISIBILIZAR cal é a nosa orientación sexual, que nos gustan e nos sentimos atraídas sexual e afectivamente por outras mulleres.

E porque isto é necesario? Porque temos que facer pública unha parte da nosa vida que non lle tería que interesar a ninguén?

Pois porque, aínda agora, o que non se ve non existe. E as mulleres lesbianas, como sempre pasou ás mulleres noutros ámbitos, vivimos na invisibilidade, nas sombras escuras que negan  o noso pracer, o noso desexo…en definitiva, a nosa sexualidade como mulleres libres de decidir.

Unha vez máis, esta invisibilización débese en parte á violencia estrutural á que os gobernos nos tentan someter. Hoxe queremos denunciar a modificación que o Ministerio de Sanidade vai realizar na Carteira de Servizos do Sistema Nacional de Saúde.

Sabemos que non son amigos da autodeterminación das mulleres sobre a súa maternidade e sexualidade, e igual que queren impedirnos que decidamos como e cando queremos ser nais, coa modificación da lei do aborto,  restrínxenos tamén o acceso ás técnicas de Reprodución asistida ás parellas de mulleres e mulleres soas, baixo o criterio machista, inconstitucional e discriminatorio de protexer en exclusividade ás familias compostas por un home e unha muller.

Con esta medida, o Ministerio de Ana Mato só garante a paternidade cando haxa un home de por medio, xa que se el non está presente as mulleres non temos dereito a reprodución asistida na rede pública gratuíta. Con esta aplicación segada da Lei de Reprodución asistida, as mulleres non somos acredoras dun dereito, senón que só o é a súa parella masculina, quedando as mulleres lesbianas totalmente discriminadas da carteira de prestacións comúns do sistema sanitario público.

Son varias as Comunidades Autónomas que xa anunciaron que non vetarán o acceso a ningunha muller a este servizo (Andalucía, Estremadura, Asturias, País Vasco e Canarias), e decidiron aumentar a cobertura dos servizos mínimos para estes casos nos que a Carteira básica é discriminatoria, por iso demandamos hoxe aquí, á Consellería de Saúde da Xunta de Galicia a inclusión das parellas de mulleres e mulleres soas no acceso ás técnicas de Reprodución asistida, rexeitando esa medida discriminatoria do goberno.


Por todo iso e por moito máis, hoxe saíremos á rúa, aquí en Vigo, reivindicando a nosa condición sexual, facéndoa visible e reclamando o que se nos nega, e porque confiamos en que chegue un día en que todo isto xa non sexa necesario. Mentres tanto, contamos con vós mulleres e homes que estades aquí para facer solidaria á sociedade na nosa loita.

26 ABRIL, RÚA DE PRINCIPE ÁS 20H, ACCIÓN REIVINDICATIVA!
BALEIREMOS OS ARMARIOS!


viernes, 18 de abril de 2014

Día Visibilidade Lésbica


Actividades con motivo do Día da Visibilidade Lésbica en Vigo:

  • Mércores 23 ás 19:30 no local de  Nós Mesmas Proxección do filme "Fire"  
              


  • Venres 25 ás 20h  presentación do libro " Las lesbias (no) somos mujeres." Por Beatriz Suarez e María Xesús Fariñas. Lugar: local Nós Mesmas.
  • Sábado 26 ás 20:00h. en Príncipe: Acción de rúa "Rachando armarios: visibilizaremos que nos invisibiliza!" e porque un día da visibilidade lésbica? e porque teño que ensinarlle a ninguén como vivo a miña vida? e porque sair do armario se para min aquí todo está ben??? ser VISIBLE, rachar cos armarios e celebrar días como este é unha forma máis de exisir que non nos INVISIBILICEN, porque podemos vivir a nosa vida coma nos peta, pero e que pasa cando queremos facer cumprir os nosos dereitos? onde están estes??? reproducción asistida, adopción e filiación de fillxs, protección ante actos lesbofóbicos, atención de calidade na sanidade...son dereitos que perdemos cada vez que non nos miran e non nos facemos mirar, porque non é máis cego o que non ve que o que non quere ver, e isto pasalle aos nosos gobernos, médicxs, maestrxs...EXISTIMOS e teñen que ternos en conta!

  • O sábado faite un selfie saíndo do noso armario ou onde te atopes! soa ou acompañada, VISIBILIZATE! e logo comparteo por redes co hastag #enVigosonVisible na nosa conta @Nosmesmas ou no muro do noso facebook. Mostremos un Vigo Visible!!!

  • Sábado 26 "Cea Tortillera" (despois da acción da rúa, ás 22:00h, local Nós Mesmas) Vamos celebrar xuntas o noso día, que esperemos que algún día non faga falla que exista, pero mentres tanto ademáis de reivindicar nosos dereitos vamos comer unha boa tortilla-da entre outras cousas e ir de festiña  (8€ socias, 10€ non socias, bebida e postre incluídos). Necesario anotarse con antelación ata o xoves 24 por correo ou facebook (Aso Nosmesmas).

Ademáis....o martes participaremos no Cineforum da Rede de mulleres contra os malos tratos que proxectará "La calumnia" e o xoves na concentración que esta organización realiza fronte ao Marco, coa lectura do comunicado onde falaremos da nosa situación.

*Dirección Local Nós Mesmas: Porta do Sol, 11 Bis, 1º Vigo

domingo, 6 de abril de 2014

Concentración por unha lei de visibilidade LGTBI real e efectiva


Hai meses, o PSdG presentou no Parlamento de Galicia unha “Proposición de Lei pola visibilización e non discriminación das persoas LGTB en Galicia”. 
Tras a creba parlamentaria que sufrui a lei baixo a machada do PP,, o resultado é unha LEI BALEIRADA DE CONTIDOS cun nome que induce a engano que se converterá nun documento propagandístico para o PP.

MIra neste blog toda a información e os colectivos sociais que traballamos conxuntamente ante esta problemática, aqui: http://leidevisibilidade.blogspot.com.es/
e asina o manifesto! (como entidade ou individual)

O mércores 9 de abril, apróbase a lei cos votos a favor do PP, PSOE e BNG.

CONVOCAMOS CONCENTRACIÓN DIANTE DO PARLAMENTO DE GALICIA (Santiago de Compostela) DE 11.30 A 12.30h PARA MOSTRAR A NOSA INDIGNACIÓN E POSICIONAMENTO EN CONTRA DA MANIPULACIÓN Á QUE O COLECTIVO LGTBI VÉMONOS SOMETIDXS.

Acude cunha máscara branca en sinal de Invisibilización!!

MANIFESTO COLECTIVO EN CONTRA DA APROBACIÓN DA PROPOSICIÓN DE LEI POLA IGUALDADE DE TRATO E NON DISCRIMINACIÓN DE LGTB EN GALICIA



PRESENTACIÓN, PROCESADO PARLAMENTARIO E RESULTADO:

Hai meses, o PSdG presentou no Parlamento de Galicia unha “Proposición de Lei pola visibilización e non discriminación das persoas LGTB en Galicia. Esta lei foi debatida e emendada polos diferentes Grupos Parlamentarios, incluído o Grupo Parlamentario do Partido Popular, con maioría no Parlamento.
Tras a creba parlamentaria á que se someteu esta proposta, na que o PP colaborou con emendas de SUPRESIÓN na súa maioría, o resultado é unha LEI BALEIRADA DE CONTIDOS cun nome que induce a engano que se converterá nun documento propagandístico para o PP. A modificación parlamentaria transforma o proxecto inicial que avanzaba na protección e garantías non discriminatorias para o colectivo e que foi feito desde o diálogo coas asociacións LGTBI nunha lei “cortina” que non implica ningún avance real nos dereitos das persoas LGTBI. Unha lei esperada e esixida polos colectivos LTGBI moi específica nun principio déixanos, tras as emendas aprobadas, un horizonte carente garantías, de protección, de medidas específicas para visibilizar a diversidade afectivo-sexual, etc.

Pode resultar rechamante que hoxe non apoiemos esta proposta de lei, pero queremos denunciar que este articulado É UNHA FARSA, un completo engano no que nos quere meter o PP co seu dobre xogo: votando a favor dunha lei aparentemente igualitaria á que previamente privaron de calquera efectividade real/práctica introducindo modificacións como as seguintes:
  • Suprímese o art. 3 de definición das categorías que son obxecto da proposta de lei (orientación sexual, identidade de xénero, sexo, xénero, lesbiana…).
  • Elimínase o art. 6 sobre inversión da carga da proba, que obriga a quen discrimina a probar que non discrimina.
  • Desaparece o art. 14 de creación de protocolos de actuación ante agresións.
  • Óbviase o Título III sobre o réxime sancionador, con esta eliminación aínda que se dean agresións ou actitudes LGTBIfóbicas non serán sancionadas.
  • Elimínase o art. 11 no que se establecen medidas específicas para o tratamento nos Centros Penitenciarios, fundamentais no tratamento das persoas transexuais.
  • Evítanse referencias explícitas a articular pola igualdade de diversidade afectivo-sexual ou LGTBI, diluíndose a especificidade LGTBI no ámbito da igualdade xeral e invisibilizando ao colectivo dentro da súa propia lei.
  • Omítese deliberadamente calquera tipo de compromiso que obrigue á Xunta de Galicia a establecer medidas concretas como a creación de servizos de información, a creación dun observatorio, realización de protocolos, etc, quedando todo o articulado nunha simple e non comprometedora declaracións de intencións e recomendacións pola igualdade.
En pleno século XXI, en Galicia as persoas LGTBI son vítimas de discriminación, crimes de odio, de invisbilización sistemática en educación, sanidade, emprego ou nas diferentes administracións públicas (policía, rexistro civíl, centros penitenciarios...) acentuándose isto en contornos rurais.
As obrigas legais que os Estados teñen para protexer as persoas LGTBI fronte a estas situacións, non son diferentes das que poidan ter outros colectivos. Débese garantir o cumprimento dos Dereitos Humanos para todas as persoas procurándolles protección nos casos de discriminación, abuso ou violencia. Para chegar a este cumprimento ten que haber leis concretas para colectivos específicos, debe existir unha lei de visibilidade e non discriminación que aborde as necesidades dun colectivo como é o LGTBI, ata o de agora desprotexido.

Organismos, asociacións e activistas pola defensa dos Dereitos das persoas LGTBI:

Queremos DENUNCIAR PÚBLICAMENTE a violencia institucional á que as persoas LGTBI nos vemos sometidas co que agora se chama “Proposición de Lei pola Igualdade de Trato e Non Discriminación de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais en Galicia”. Unha proposta de lei cun nome enganoso que invisibiliza e desprotexe os dereitos do colectivo LGTBI con unhas falsas medidas políticas, lexislativas ou xudiciais, que pretenden empregar os partidos políticos como moeda de cambio para captar votos e “abandeirarse” na loita pola igualdadeaprobando unha proposta BALEIRA DE CONTIDOS que deixaría as persoas LGTBI nun limbo legal cunha lexislación que nada lexisla.
ESIXIMOS a implicación de toda a sociedade, e en especial dos partidos políticos galegos, cun COMPROMISO REAL E EFECTIVO COS VALORES DE IGUALDADE E NON DISCRIMINACIÓN ante a aprobación desta FALSA LEXISLACIÓN POLA VISIBILIDADE E NON DISCRIMINACIÓN LGTBI recordándolles que votar a favor da súa aprobación é contribuír a pexar o AVANCE REAL EN MATERIA DOS NOSOS DEREITOS. INSTAMOSa que os partidos políticos da oposición NON SEXAN CÓMPLICES DESTA PANTOMIMA.

POR TODO O EXPOSTO ATA O MOMENTO,
AS ORGANIZACIÓNS E PERSOAS ABAIXO FIRMANTES consideramos imprescindible mostrar a nosa unión e posicionamento en contra da manipulación á que o colectivo LGTBI se ve sometido coa aprobación desta proposta de lei por parte do Goberno e dos partidos políticos que pretendan apoiala.
ESIXIMOS un compromiso real ante a loita contra a LGTBIfobia e pola igualdade social que se traduza en medidas lexislativas, políticas e administrativas con repercusións REAIS na sociedade.
REIVINDICAMOS o dereito de sermos escoitadas e escoitados e tidos en conta á hora de lexislar CO pobo e non só PARA o pobo.
E EXHORTAMOS aos grupos da oposición do Parlamento de Galicia, que NON VOTEN a favor desta “proposta de lei pantasma” da que o Partido Popular se apropiou e transformou en mero papel mollado.
Só o Partido Popular podería invisibilizar cunha lei de visibilidade.”