Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2013

Liberdade sen recortes.

Para Rusia con Amor

Stop LGTBfobia

Visibilidade lésbica 2013

Flashmob e bicada na Rúa do Principe.

martes, 25 de agosto de 2009

BOICOT ÁS FESTAS HOMÓFOBAS E HETEROSEXISTAS!!!!


"SUMMER GAY"


O pasado venres 7 de agosto tivo lugar na Sala A de Vigo o “Summer Gay”, un evento publicitado como “o primeiro festival GAY que tería lugar na cidade”.


Moita xente da que asistiu, e sobre todo da que non asistiu, tiña mínimas expectativas e agardaba algo bastante desastroso, de mala calidade, mal gusto e por desgraza, coma a maioría das veces, pouco representativo. A festa axustouse perfectamente ó patrón.


O que ninguén agardaba era un alarde de heterocentrismo.O que calificaron coma “show erótico para as mulleres” converteuse nun coito no escenario; en sexo heterosexual falocéntrico.


E é que pobre panda de invertidas que esperabamos que nun acontecemento desas características iamos ter un espazo para nós.

¿Pero cómo facer erotismo para lésbicas?


Se as mulleres non temos sexualidade, non sentimos desexo… se as lésbicas non fodemos. Deberon pensar que qué mellor que reunirnos a unhas cantas, e xa téndonos a todas xuntas sacar un bo macho, cunha boa verga, que nos ensine como se fode ademais do enganadas que estamos. O Summer Gay era un ritual de reconversión.


Por iso queremos dicirlle á Organización (ente invisible) que para enderezarnos non ten que amañar festas; que o mundo é heterocentrado e falocéntrico, que nos atopamos coa mostra que tivo lugar no escenario a cada momento e en cada espazo, a gran escala… que non nos ensinaron nada novo nin nada que quixeramos ver… que se aforren o esforzo. Que non nos vendan merdas das que estamos fartas, e que non tenten insultarnos nin insultar a quen comparte o noso modo de vivir a sexualidade.

Deixade xa de xerar moda coa nosa orientación, que cando queiramos festas propias farémolas nós. Unha realidade social tan grande non pode anularse coa comercialización dun movemento.


Se compartela nosa opinión unete o noso grupo de Facebook e denuncia o acontecido.


E en pouco tempo poderemos disfrutar dunha festa propia, creada por nós mesmas que non busque a mercantilización da nosa sexualidade para o enriquecemento dúns poucos!!!