Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2013

Liberdade sen recortes.

Para Rusia con Amor

Stop LGTBfobia

Visibilidade lésbica 2013

Flashmob e bicada na Rúa do Principe.

jueves, 24 de marzo de 2016

Bus Orgullo LGTBI Madrid 2016




Despois do éxito do ano pasado....REPETIMOS!!

Viaxa a Madrid o Sábado 2 de Xullo, disfruta do ambiente, maniféstate, coñece a festa nas rúas madrileñas nestas datas e volve a casa a descansar o Domingo 3 de Xullo.

Ás saídas realizaránse dende SANTIAGO, A CORUÑA E LUGO, por 50€ ida e volta
e dende PONTEVEDRA, VIGO E OURENSE, por 40€ ida e volta.

O desprazamento realizaráse nun autocar de alta gama e inclúe Seguro de Viaxe e a organización técnica do viaxe ven da man da Axencia Agarimo (XG 528 R/Xeneral Rubín, 21, Baixo, 36800, Redondela-Pontecedra)

Se te interesa...ATENTX ás condicións detalladas a continuación:

-A saída realizase o sábado 2 de madrugada, a hora de saída e os puntos de recollida aínda están por concretar.
-O regreso realizase o domingo 3, saíndo ás 12 do medio día dende a Praza de España (Madrid)
-Prezo ruta norte con saídas dende Santiago, A Coruña e Lugo, 50 euros.
-Prezo ruta sur con saídas dende Pontevedra, Vigo e Ourense, 40 euros.
-Inscrición:
SE SAES DENDE SANTIAGO, A CORUÑA, LUGO, PONTEVEDRA OU OURENSE: contactar directamente coa Axencia Agarimo no tlf 986 125 438, para facilitar os teus datos (nome completo, documento de identificación, tlf contacto e localidade onde vas a coller o bus) e obter o número de conta onde facer o ingreso do prezo completo da viaxe.

SE SAES DENDE VIGO: contacta coa Asociación Nós Mesmas no tlf 627 736 965 ou por mail nosmesmas@felgtb.org, para facilitar os teus datos (nome completo, documento de identificación, tlf contacto e localidade onde vas a coller o bus) e acordar onde e cando facer o pago do prezo completo da viaxe.

-DATA LÍMITE INSCRICIÓN: DOMINGO 26 DE XUÑO

-ALOXAMENTO en Madrid: se queres que Viaxes Agarimo te axude en buscar aloxamento, contacta directamente con eles no 986 125 438. Dende Nós Mesmas non facemos reservas nin búsquedas grupais de aloxamento.

-NON SE FAN RESERVAS DE PRAZA, debido a que o bus fletase a partir dun número de prazas, temos que ter asegurardas as mesmas e non podemos estar a espera de que no último momento confirmese a reserva ou non.

-DEVOLUCIÓNS: o importe total da viaxe será devolta en caso de que non se flete/n o/s bus/es por falta de inscricións, en tal caso avisarase con 5 días de antelación á data da saída. O importe non será devolto se finalmente a persoa non pode asistir.

Coloquio “Corpos e sexualidades nas marxes do sistema laboral”


Coloquio organizado por FestiVal das Bretemas na Biblioteca Pública de Ponteareas  
19 de marzo de 2016.



 O pasado 19 compartimos esta gran mesa con compañeirxs do FestiVal das Bretemas e con Martina (sexóloga) e Antía (1ª xogadora de voleivol federado trans) que falaron, xunto a Nós Mesmas, sobre os corpos e sexualidades nas marxes. Deixamos a continuación a charla da nosa compañeira sobre o que tratamos. Esperamos a vosa opinión.


Ponente: Elisabet Pérez Costas
Na situación actual do mercado laboral quedarse na marxe non é unha novidade nin exclusivo do colectivo LGTBI. Nesa marxe atopámonos moi acompañadas das e das xóvenes que se precarizan ou non atopan o seu primeiro emprego, das maiores de 45 anos, das migrantes, daquelas que teñen unha funcionalidade diversa....
Sendo realmente a marxe moito máis ampla que o propio mercado.

E todas as que formamos parte desa marxe débese, sen dúbida, a unha razón imperante: non damos o perfil que o capitalimos espera de nos...

NON somos homes, brancos, de clase media-alta, heterosexuais e cisxénero, a poder ser casados (cunha familia heteronormativa e cun patrón patriarcal para que a descendencia non sexa un impedimento para a súa carreira) de entre 30-50 anos e con formación universitaria a poder ser.
O que ven sendo, en resumo, que as trans, as nixerianas ou peruanas, a que ten Síndrome de Down ou deficiencia visual, as bolleras, xunto coas naís solteiras e un longo etc NON CUMPRIMOS o estereotipo heterocentrista, machista, mixóxino e racista da nosa sociedade.

De todas formas, TEMOS LEIS, que é moi bonito e moi progue facelas, e para aquelas que si están dentro de ese mercado laboral e se pregunten...e logo, ¿poden despedirme por non ser heterosexual?
POIS NON

Pero as vías para o despido poden ser moitas (e cada vez máis doadas e baratas para o empresario), e é sinxelo atopar unha escusa políticamente correcta para largarte, e se non, sempre queda exercer presión sobre a traballadora para que abandone o posto.
Amparado ademáis en que o acoso laboral, de calqueira tipo, vai ser moi dificil probalo (máis se te larga por la túa orientación e ti estas “dentro do armario”....problemón).

Ante esta situación, por medo ao que poida acontecer, moitas persoas optan por non ser visibles no traballo. 

Ante esta dicotomía, ser visible ou non, moita xente te dí que o privado é privado, e que no traballo non tes que andar a contar con quen te acostas ou ir de abanderada.

Agora ben, o ámbito laboral é un espazo de socialización, onde desenvolvemos parte da nosa vida, pola súa cotidianiedade e cercanía, polas horas que pasamos nel e as relacións que alí establecemos. 
Ocultarnos neste ámbito é negarnos a nós mesmas.

E, ¿cómo se pode ser visible no traballo?

RESPOSTA INOCENTE: do mesmo modo que é visible unha persoa hetero.
E dicir, falando da súa partella, dos seus ligues, das súas relacións afectivas e sexuais, da súa vida social en xeral.

Pero a realidade indicanos que non é frecuente actuar así.

Será polo temor ás reaccións negativas da empresa ou dos compañeirxs, dos comentarios lgtbfóbicos que se escoitan a cotio, dos chistes que vexan a túa orientación ou identidade...todo en conxunto contribue a ter preocupación e ocultalo, acudindo a ese “dereito a intimidade”, que acaba sendo, simplemente, a xustificación, tanto da persoa que se oculta como daquelas que o consideran normal, da lgtbfóbia social existe.

A ningunha persoa hetero ocorreríaselle ocultar esa parte da súa vida, polas consecuencias que lle poda ocasionar no traballo. ¿Imaxinades a un home pensar “vou quitar o anel para que non me pregunten como se chama a miña muller”?

Iso, non é intimidade, é medo e é lgtbfóbia.

Por outro lado, esta invisibilización consciente no ámbito laboral ten outro rasero, xa que reforza a hipótese da inexistencia de persoas LGTB nas empresas. SIMPLEMENTE NON EXISTIMOS.

E, se non existimos, como vai a haber problemas de discriminación ante os que elaborar medidas concretas? (esta é unha razón dada tanto por empresarios como por representantes sindicais).

En definitiva, a visibilidade como ferramenta de igualdade, de loita contra a discriminación e de fomento da diversidade é fundamental. Sobre a visibilidade lésbica, destaca a dificultade que existe entre as mulleres para visibilizarse como “lesbiana”.

Moita xente opina que porque temos que etiquetarnos, persoalmente penso que unha “etiqueta” por así chamalo, non ten que ser un estereotipo, que é onde está o problema, pero é un dos xeitos básicos nos que nos relacionamos as persoas, categorizándonos, usando categorias sociais construídas, que non son estáticas nin excluíntes.

Identificarnos como “lesbianas” agora mesmo, supón aceptar a definición que a sociedade nos impón do que é unha lesbiana e que, probablemente, non corresponda coa nosa propia experiencia e mentras estes significados, vagos e negativos, sobre o lesbianismo sigan vixentes, non nos identificaremos e por tanto, continuaremos invisibilizándonos. Ante isto debemos implicarnos todas nun proceso de deconstrucción, derrubar o muro da invisibilidade e construir unha identidade lésbica positiva, fora da marxinalidade, e aberta aos milleiros de perfís que existen.

E nisto é no que andamos en Nós Mesmas, en saír a rúa e visibilizar as diferentes realidades, achegalas a outros colectivos, traballar a diversidade cxs máis novxs, denunciar a discriminación e reivindicar unha sociedade nosa, de todas. 

domingo, 13 de marzo de 2016

Estaremos nas XII Xornadas para a Igualdade en Allariz

Aquí vos deixamos cartaz e programacións destas XII Xornadas para a igualdade que terán lugar, un ano máis en Allariz organizadas polo seu Concello e nas que temos o pracer de participar na xornada do martes 15 de marzo ás 19h.

Animádevos a participar!