Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

jueves, 28 de septiembre de 2023

Escoita o noso podcast nas plataformas!!

 

  
Rapidiño pasaron os 5 capítulos da primeira tempada do noso Podcast Constuíndo Cara o Queer!!
Mentras chega a vindeira, podes voltar a escoitar cada capítulo nas diferentes plataformas, aquí volo deixamos!

Nestes 5 capítulos abordamos diferentes temas que nos atravesan como persoas LGTBI+ contando para isto con persoas convidadas de excepción.
Queremos agradecer a todas e todes a súa colaboración, así como a todo o público que nos acompañou e que participou de forma activa!

1x1 Enfrontándonos á multiple discriminación: Muller, LBT e racializada, entrevistando a Juliet Camacho   Youtube Spotify  iVoox
1x2 Voando desde o sofa da casa con Nurial Vil  Youtube Spotify  iVoox
1x3 Moito que contar desde o Drag con Nico Elsker e Meiga-i  Youtube Spotify  iVoox
1x4 Loitando contra a discriminación: Sacho na man con Bea Saians   Youtube Spotify  iVoox
1x5 A nosa saúde mental a golpe de canción con Rabelo  Youtube Spotify   iVoox





Todo isto foi posible grazas a subvención de Iniciativa Xove, a través da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. 





Volta ao cole 2023-2024!!

 Voltamos ao cole e ao insti coa mochila cargada de ilusión!


Queremos que esta experiencia sexa sempre positiva para todo o alumnado, por isto, volcámonos en ofertar aos centros educativos diferentes propostas formativas para incluír nas súas aulas a diversidade afectiva-sexual e de xénero. 

Porque todas, todes e todos somos diversos, a diversidade é cousa de todas! 

Clica no enlace para coñecer as nosas propostas para este primeiro trimestro do curso 23-24 e se tes calquera dúbida, contáctanos! nosmesmas@felgtb.org


PROGRAMACIÓN PARA INFANTIL E PRIMARIA

PROGRAMACIÓN PARA SECUNDARIA (ESO, BACH E FP)




Este programa está subvencionado pola:



viernes, 22 de septiembre de 2023

Encontros de debate, Mocidade LGTBI+ presente!

 O vindeiro venres 29 de setembro, ás 19h terá lugar o primeiro encontro de debate do noso programa Mocidade LGTBI+, presente!


Que é isto dun encontro de debate? aínda que o nome soe rimbombante non é nada máis que xerar un espazo de e para a mocidade onde poder falar, compartir inquedanzas, experiencias e a nosa visión sobre temas que nos afectan e competen.

Asi que o primeiro encontro tratará sobre o "Acoso lesbófobo e bífobo nas rúas", esperámosvos para crear sinerxias e compartir a nosa visión sobre a inseguridade que lesbianas e bisexuais sentimos no noso día a día.

E recorda!! Despois do encontro, podes seguir a xornada cunha "Noite de Lecer Alternativo", nesta ocasión desde ás 21h ata que queramos, teremos ocasión de divertirnos con xogos de mesa, comezando polo noso famoso Cranium TransMaricaBiBollero!! 




Esta actividade está financiada coa subvención da:



lunes, 4 de septiembre de 2023

Mocidade LGTBI+ presente!!!

 

Temos preparadas moitas cousiñas!!!

Se tes entre 16 e 30 anos, temos un espazo exclusivo para ti!

Información e asesoramento sobre os temas que te causen dúbidas ou para os que precises apoio! 
Podes contactarnos por mail, redes sociais ou no noso local, pide cita!

Encontros de debate e obradoiros onde poder falar do que te interesa e atopar outras persoas mozas con vivencias similares ás túas.

E noites de lecer alternativo, un espazo seguro onde pasalo ben, coñecer xente e disfrutar!!

Contáctanos e estate moi atente ás nosas redes, irémos publicando todas as actividades!




Este é un programa que conta coa subvención da: