Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2013

Liberdade sen recortes.

Para Rusia con Amor

Stop LGTBfobia

Visibilidade lésbica 2013

Flashmob e bicada na Rúa do Principe.

viernes, 26 de febrero de 2016

O Informe Delitos de Odio de 2015 amosa a punta do iceberg das agresións por LGTBfóbia


O Informe de Delitos de Odio 2015 do Ministerio do Interior, amosa a punta do iceberg das agresións por orientación sexual e identidade de xénero.

Dito informe fixa a cifra en 1324 delitos relacionados co odio, e coloca as agresións deivadas da lgtbfóbia en cuarto lugar, por detrás dos delitos por racismo e xenofobia, por ideoloxía e dos ataques a persoas con discapacidade.

De 523 delitos en 2014 a 168 en 2015. Unha baixada moi significativa que non amosa realmente unha diminución dos delitos contra persoas LGTB, senon unha forma diferente de catalogalos.

Según o Observatorio de Redes contra el Odio da FELGTB, máis do 70% de quen sufre unha agresión física ou verbal, ou ameaza con tintes LGTBfóbicos non o denuncia, sendo unha das principais razóns o medo de saír do armario ou a sensación de que o agresor non terá consecuencias. A cifra de agresións, por tanto, extrapolando datos, superaría o medio millar. 

Constantemente temos constancia dunha nova agresión a unha persoa LGTBI, ben a través das noticias (as menos), a través das redes sociais por difusión doutras entidades, ou porque chegan directamente a nos para denunciar e contar o que lles aconteceu.

En Galiza temos aínda moi fresco a agresión acontecida contra Antonio Roldan e a súa parella, fai escasas semanas, en Santiago de Compostela, unha agresión que férenos aínda máis ao ser conscientes de que contamos cunha Lei pola igualdade e non discriminación de persoas LGTBI en Galicia, carente de contido en sancións específicas (entre outras moitas cousas).

Con todo isto, sumámonos ás exisencias da FELGTB ao Ministerio do Interior:
-Unha Lei de Proteción integral contra os Delitos de Odio que mellore o tratamento das denuncias e a protección dxs afetadxs.
-Melloras nos rexistros policiais.
-Formación policial estructural.
-Formación dos operadorxs xurídicos.
-Aplicación do protocolo para as forzas e corpos de seguridade do Estado.
-Campaña de achegamento ás vitimas e apoio ás entidades que exercen de mediadoras.



martes, 16 de febrero de 2016

O caso Laura Bugalho ou a persecución xudicial á solidaridade.


Sí, fai un tempo que volven a circular novas polas redes sociais de Laura, compañeira no activismo (LGTBI no noso caso, pero aquí non remata o seu), falando de xuizo, anos de prisión....a data da nova, 2013, confusión...e suspiro! non está de novo a punto de ser enxuizada.

Pero poucos días tiveron que pasar para darme de conta de que seguian circualndo novas en torno ao tema, e é que cando o río sona....

Volvamos ao principio para ver se alguén, eu non son quen, atopalle pes a isto:

2009, Bugalho axuda a destapar unha trama mafiosa, grazas á súa labor culminase a Operación Peregrino, que descobre 57 cidadáns marroquís atraídos a España baixo promesa de traballo despois de obrigarlles a pagar sobre 10.000€.

Pasa un mes, e un conxunto de empresas e sindicatos galegos reclamaronlle, aos 57 cidadás marroquís, que para traballar hai que pagar! si, si, nada menos que a metade do soldo que figuraba nas súas nóminas, desta forma, tan desinteresada, os empresarios cobraban de xeito encuberto os seus papeis e permisos de residencia.

Bugalho denuncia, comezan episodios de acoso policial, unha semana despois era detida.

2013, xuizo no que é acusada de falsedade documental, pena de entre 6 e 8 anos de prisión. No proceso, “pequenas” irregularidades como a coacción por parte da policía aos migrantes.

2016, o 23 de febreiro terá lugar o novo xuizo, a pesar de que 3 dos 4 migrantes chamados a declarar están desaparecidos, a Fiscalía pide pena de prisión de 3 anos.

Ese día temos unha cita OBRIGADA con Laura Bugalho, coa nosa integridade como persoas, coa defensa dos dereitos humanos, os nosos e os dos que veñen de fora tamén! unha cita pola defensa da solidaridade, palabra que tantas veces enchenos a boca e da que nos temos que inchar e encher ben o próximo martes. 

O Foro Galego de Inmigración convoca esta concentración ás 11.30 na porta dos xulgados onde Laura Bugalho coñecerá o que destino ó que lle abocan aqueles que moven os fíos por axudar ás persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa, os xulgados de Fontiñas en Santiago de Compostela (Rúa Viena).

Nós Mesmas súmase a esta convocatoria e pedimos  a ABSOLUCIÓN para esta compañeira, activista en toda causa, incansable e todo un referente para o colectivo LGTBI na Galiza.

Dende Vigo estamos contigo!


Fonte: http://www.playgroundmag.net/articulos/pruebas-amar-projimo-crimen-Europa_0_1691230861.html

Concentrámosnos diante do Marco por Antonio Roldan e Rober


MANIFIESTO CONCENTRACIÓN GALIZA UNIDA CONTRA A LGTBIFÓBIA

Dende a Asociación Nós Mesmas reunímonos hoxe aquí con urxencia xa que o pasado martes tivo lugar en Santiago outra agresión homofóbica.

Antonio Roldan foi agredido verbal e fisicamente nun supermercado e máis tarde, os mesmos agresores que os perseguiron ata o hospital onde era atendido, continuaron coa retaila de insultos e agravios contra Roberto Santiago, a súa parella, chegando tras el ata a mesma habitación onde Antonio se atopaba e onde o persoal médico tivo que “custodialos” ata a chegada, de novo, da policía.

Neste caso, os agravios non só estaban cargados dun profundo sentimento homofóbico, senon tamén serófobo, realidade moitisimo máis invisibilizada que a relativa á orientación sexual e que exclúe ás persoas que viven con VIH+ do ámbito social, familiar, laboral...as criminaliza e culpabiliza, obrigándoas a vivir ocultas.

E sí, esta é outra agresión de tantas, de tantas que ocorren a cotío, nas escolas, dentro da familia, no grupo de iguais, no noso lugar de traballo, na sanidade, cando paseamos por un parque ou, como neste caso, cando imos facer a compra.

A prensa di que estamos ante un aumento das agresións LGTBIfóbicas, pero é asi? 

Pensamos que non, pero ninguen pode corroboralo xa que carecemos de rexistros, de investigacións, dun observatorio contra a LGTBIfóbia.....que xunto a invisibilidade do noso colectivo, do medo a que se repita ou á repercusión que pode ter unha denuncia, o descoñecemento dos nosos dereitos, a inseguridade ante a policía....impídenos, na maioría dos casos, denunciar e facelo público.

Aínda así, en Galicia seguimos a ser a terceira comunidade con maior número de delitos de odio por orientación sexual e identidade de xénero, sendo ata 3 veces maior a incidencia contra as mulleres lesbianas, bisexuais ou transexuais que sobre os homes.




E, que vai pasar cos agresores de Antonio e Rober?

Pois tampouco podemos dicilo.

Xa que a pesar de contar en Galicia coa primeira Lei estatal pola visibilidade e non discriminación de lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais, o Goberno actual encargouse de vaciala de contido, eliminando, incluso, o artígo de sancións, co que está agresión non contará con ningún agravante de homofóbia, se non como simple delito de lesións.

Pero hoxe estamos aquí todas e todos nós, para apoiar a Antonio e a Rober, e para rexeitar pública e socialmente as agresións e a discriminación que vivimos lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais polo simple feito de ser quen somos.

Repetimos o lema feminista contra a violencia machista “Ningunha agresión sen resposta” e o facemos noso. Rechazamos o machismo e o patriarcado que pretende manter a súa fortaleza, o seu imperio e ditadura a través da imposición, da discriminación, da violencia e do asasinato de mulleres e nenas e daquelas que temos unha orientación sexual ou identidade de xénero que non responde o seu patrón heterocéntrico.



Seguiremos visibilizando estas agresións, facendo cómplices o resto da sociedade da inxustiza cometida e concienciando para que non se mire cara outro lado e todas e todos, nos impliquemos na erradicación da homofóbia, da bifobia e da transfóbia.

STOP LGTBIFOBIA!!



Queremos recordar ademáis, que esta tarde ás 20h volveremos a estár aquí coa Marcha Mundial das Mulleres na concentración en repulsa polo asesinato por violencia machista acontecido en Becerrea.

Ningunha agresión sen resposta!

viernes, 12 de febrero de 2016

Concentración en repulsa das agresións homofóbicas acontecidas en Santiago.


Mañán sábado, 13 de febreiro ás 12h, terá lugar fronte ao Museo Marco, unha concentración denunciando a agresión homófoba que tivo lugar o pasado martes en Santiago de Compostela.

A Asociación Nós Mesmas, de defensa dos dereitos das mulleres lésbicas e bisexuais, organiza dita concentración baixo o lema “Galiza unida contra a LGTBIfobia” convocándose de forma unitaria co resto de colectivos LGTBI galegos que realizan cadansúas concentracións entre este vénres e  sábado.

O pasado martes, Antonio José Roldan, foi agredido física e verbalmente nun supermercado da capital galega e as agresións continuaron, xa cara el e a súa parella, no hospital no que foi atendido. As agresións de carácter LGTBIfóbico suceden en Galicia constántemente, e debido a invisibilidade do colectivo, o medo das vitimas e o descoñecemento dos nosos dereitos, case non son denunciadas, aínda así, Galicia é a terceira comunidade con maior porcentaxe de delitos de odio cara lesbianas, gays, bisexuais e transexuais. 

Ante situacións coma esta, Elisabet Pérez, representante de Nós Mesmas, afirma que “denunciar ante as autoridades é fundamental, pero ademáis debemos ser conscientes da importancia de realizar unha denuncia social, pública, xa que visibilizar estas agresións permítenos facer cómplices a sociedade da inxustiza cometida e concienciar para que todas e todos se impliquen na erradicación da LGTBIfóbia” e engade que “hai que ter en conta, que a Lei galega de visibilidade e non discriminación do colectivo LGTBI, carece de contido no referente ás sancións das agresións LGTBIfóbicas e por tanto, non pode ser condeada co agravante discriminatorio que ten.”