Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

viernes, 26 de abril de 2013

Por que un día da Visibilidade lésbica?

Hoxe é o noso día, e unha vez máis festexamos nosa loita diaria pola visibilidade da nosa realidade. Somos mulleres diversas, mulleres que sabemos que o mellor valor dunha sociedade radica na súa diversidade, mulleres que sabemos que a democracia sen nosoutras, non é democracia. E así, hoxe como cada día damos un portazo os armarios, por nós mesmas e a nosa felicidade, pola liberdade das xeracións futuras, pola dignidade de quen loitaron...

martes, 16 de abril de 2013

Actos Día Visibilidade Lésbica 2013, 26 de Abril

Bollera e Visible! 26 de abril, Día da Visibilidade Lésbica Pasamos de manifestos no que dicir con palabras (que sempre as leva o vento) o que podemos expresar nós mesmas, cos nosos corpos, cos nosos beizos e as nosas voces:  Son bollera, lesbiana, tortillera! e son visible! e quero ser visible! e quero poder ser visible! Na rúa, nas escolas, na miña casa, na sanidade, no meu traballo, na educación.... Rachemos coa violencia...