Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

venres, 29 de abril de 2022

Oferta laboral para o Servizo de atención psicolóxica

 


OFERTA DE EMPREGO

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA FOMENTO DE EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2022

Asociación que realiza a oferta:  Asociación Nós Mesmas

Posto/s ofertado/s e perfil/ís solicitado/s:
Posto de psicóloga/o para a atención do colectivo de mulleres LBT, de maio a agosto de 2022, media xornada en horario de tarde.
Perfil: persoa titulada en Psicoloxía con formación en Xénero, Igualdade e Diversidade afectiva-sexual e de xénero. 

Requisitos xerais:
Empadroado en Vigo antes do 01/01/2021.
Inscrita como demandantes de emprego no SPEG.
Posuír o perfil para o posto solicitado

Outros requisitos:
Coñecemento sobre a realidade do colectivo LGTBI+ 
Experiencia laboral previa en atención psicolóxica con colectivos de especial vulnerabilidade.
Experiencia en formación de grupos.
Coñecemento e uso da lingua galega

 
Presentación de currículums:
Prazo de remate de recepción de CV: 18/abril/2022
Enderezo de envío e/ou de entrega:      nosmesmasjoven@gmail.com

 





xoves, 17 de marzo de 2022

Axuda as persoas refuxiadas para habitar un mundo máis xusto



O drama da guerra

A cifra de persoas que teñen abandonado Ucraína cara os países veciños desde o inicio da invasión rusa supera xa os dous millóns de persoas, segundo os últimos datos da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), e agárdase que esta cifra siga a aumentar. A poboación está a atravesar unha grave crise humanitaria e tanto os ucraínos que xa foron evacuados do país coma os que teñen permanecido na zona de guerra, enfróntanse a duras condicións climáticas, ao medo, á inseguridade e á falta de medicamentos e alimentos.

 

Á crueza da guerra súmaselle, a maiores, outros perigos para a humanidade. O goberno ruso leva anos emprendendo unha guerra soterrada contra os valores da Unión Europea de igualdade, liberdade e diversidade. O que está a suceder na Ucraína non é só un ataque contra o pobo ucraíno, é parte dunha guerra contra os Dereitos Humanos e contra os valores fundacionais da Unión Europea. Esta situación fundamenta a necesidade de reforzar a unión, a cooperación, a solidariedade e a empatía coas persoas que están a fuxir da guerra, pero non só deste conflito, debería estenderse a todos os que acontecen no mundo.

Desde a FELGTBI+ poñemos en marcha esta campaña de recadación de fondos para axudar a todas aquelas persoas refuxiadas e vítimas das atrocidades de todas as guerras.


Coa túa doazón poderemos apoiar ás entidades sociais que traballan nos distintos territorios en conflito para tratar de aliviar a situación de miles de persoas refuxiadas de todas as guerras. Hoxe son elas, mañá pódete tocar a ti.

DOA:

luns, 8 de novembro de 2021

V Xornadas Tratamento da Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero nas aulas, 27 de novembro

 








A educación é un pilar fundamental para o avance social. 
Para construír unha sociedade na que todas, todos e todes teñamos cabida.








Presentamos a V edición das Xornadas de Tratamento educativo da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas organizadas pola Asociación Nós Mesmas.

Nestas xornadas abordaremos contidos e compartiremos experiencias e prácticas educativas que se están a desenvolver en diferentes centros educativos co obxectivo de formar á comunidade educativa, a futuros profesionais da educación, así como a psicólogxs, pedagogxs, integradorxs sociais...e aquelas persoas motivadas en adquirir formación para introducir a diversidade afectiva, sexual, de xénero e familiar na súa labor con menores e mocidade para a inclusión da diversidade e a prevención da discriminación por LGTBIfobia.

Día: Sábado, 27 de novembro, 2021
Horario: 10 a 14h e de 16 a 20.30h
Lugar: Salón actos AVV de Navia Emilio Crespo, Rúa Bravo, 6, 36212 Vigo, Pontevedra

INSCRICIÓNS: 

Dúas modalidades de inscrición:

1-PROFESORADO EN ACTIVO EN CENTROS PÚBLICOS DE GALICIA 
120 prazas 
Inscrición a través do Fprofe,  Inscrición CFR
Referencia do curso V2102056
Instrucións de inscrición 

2- RESTO DE PERSOAS INTERESADAS 

60 prazas  
Inscrición aberta


As prazas otorgaránse por orde de inscrición ata o día 22/11/2021, contactaremos a través de correo ou por tlf  para informar da praza asignada e disporá de 2 días hábiles para CONFIRMAR A ASISTENCIA, no caso de non confirmarla, a praza pasará as persoas en lista de espera.

PROGRAMACIÓN:

09:30h.    Apertura acreditacións.

10:00h.    Apertura das xornadas.

10:15h.    Que é a teoría Queer da que tanto se fala? Beatriz Súarez Briones.

11:15h.    A miña linguaxe, ferramenta de inclusión da diversidade. Ártemis López.  

12:15h.    Pausa Café.

12:45h.    Traballamos a diversidade desde infantil e primaria. Asociación Nós Mesmas e Alicia Moure.

16:00h.    Integramos a diversidade en secundaria. David Armenteros e Ana Oje.

17:30h.    Aprendo a acompañar ás crianzas e á adolescencia trans. Miguel Vieito.

18:30h.    Pausa Café.

19:00h.    Sexualidade, somos diversxs. Alberto Alba Alonso.

20:00h.    Actuación peche por Meiga-i, a drag pandereteira.
                



Coñece o noso blog de educación e descarga recursos para traballar na aula:




Organiza:


Subvenciona:

Colabora:























venres, 22 de outubro de 2021

MOCIDADE LGTBI+, PRESENTE! Atención, asesoramento, encontros, actividades e moito máis!!

 

Se tes entre 16 e 30 anos, este é o teu espazo!

Un lugar propio onde poder informarte, despexar dúbidas, asesorarte sobre os temas que máis te interesan ou preocupan! Sexualidade, ITS, acoso escolar, tránsito, saída do armario, agresións ou discriminación...pero tamén sobre axudas e programas para mocidade nos que inscribirte, cursos e formación...

Ademais poderás participar nun montón de actividades, obradoiros e encontros que temos preparados, pasalo ben e coñecer máis xente nova! 

Contáctanos! 
Pasa pola sede en R/Torrecedeira, 26, baixo ou chama/whatsapp ao 722286300. Tamén podes enviarnos un correo a nosmesmas@felgtb.org




Programa subvencionado pola: 






mércores, 6 de outubro de 2021

Volta ao cole Curso 2021-2022!

 Coñece as novas propostas que o Equipo de Educación de Nós Mesmas ten preparadas para este novo curso escolar!

Desde Infantil a Formación Profesional, temos claro que a diversidade é un valor que debemos integrar con independencia da idade do noso alumnado, con estas propostas esperamos axudar ao profesorado na sensibilización da diversidade afectiva-sexual, de xénero e familiar e contra a discriminación.

Clica nas imaxes e entra no blog de educación e coñece as propostas desde 2021-2022:



Programa  subvencionado pola: 



martes, 7 de setembro de 2021

Cineastas galegas en Vigo

 


Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo presentan este ciclo de cinema de cineastas galegas, con proxeccións de balde e debate posterior coas directoras.

Os 3 traballos merecen, e moito, a pena, pero tiramos polo que nos toca e queremos destacar e animarvos a acudir o día 22 de setembro ás 20h ao visionado de Persoas S.A. de Carmen Granxeiro e producido por Arelas, asociación de familias de menores trans, e que recolle unha diversa realidade máis alá do cisheteronormativo, unha historia colectiva de recordos, reflexións e amizades dun verán marcado pola pandemia. 





mércores, 25 de agosto de 2021

Obradoiros Pensar o Sexo

 Convidámoste a participar no próximo obradoiro para despedir o verán!

Como cada ano, dende o servizo de atención psicolóxica de Nós Mesmas, organizamos un espazo para o encontro e o crecemento persoal. Desta volta trátase dun convite para pensar o sexo, reflexionar e compartir. Queremos con esta proposta achegar nocións e ideas dende unha educación sexual con sexoloxía que podan ser de utilidade para entendernos, vivir e convivir o máis agusto posible.

Un convite a explorar dende outras miradas o sexo, e isto vai de: identidades, desexos, relacións, proxectos de vida e de convivencia...

Un espazo para encontrarnos e entendernos, mover o corpo e animar as ideas.

Será os xoves días 9, 16, 23 e  30 de setembro, das 17.30 ás 20hs. O lugar está pendente de confirmar, será polo centro de Vigo.

Lembra que hai límite de prazas polo que se tes interese e curiosidade chámanos ou escríbenos para preguntar e inscribirte.

Tlf contacto 722286300

Correo nosmesmas@felgtb.org