jueves, 4 de enero de 2024

Para Nós, Servizo de atención integral a mulleres lesbianas, bisexuais e trans.

 

Para Nós é un servizo integral de atención, orientación e asesoramento socioeducativo, laboral, xurídico, psicolóxico e de mediación familiar, especializado na atención ás mulleres lesbianas, bisexuais e trans e ten por finalidade, ofrecer as estratexias e recursos necesarios para mellorar a súa calidade de vida.

Este servizo desenvolvese na nosa sede en Nós Mesmas, dando atención a mulleres LBT de toda a provincia de Pontevedra, pero tendo en conta que moitas veces o desprazamento é unha dificultade engadida, realizaránse atencións en materia social e laboral nos concellos de Nigrán e Baiona.

Proporcionamos información, orientación e asesoramiento ás mulleres trans e achegados  sobre os seus derechos, exercicio dos mesmos e recursos sociaies adecuados para resolver as súas necesidades, así como orientación en materia de emprego e formación específica para as accións da vida diaria.

Para Nós conta coas seguintes características:

  • Servicio gratuito, profesionalizado e confidencial.
  • Acollida e información.
  • Atención e asesoramento social, derivación e acompañamento a recursos externos.
  • Atención psicolóxica individual ou grupal.
  • Mediación familiar.
  • Sensibilización e formación.
  • Orientación laboral.
  • Asesoramento a profesionais de outros ámbitos.
  • Asesoramento xurídico.
O servizo de atención psicolóxica e de asesoramento xurídico comezará a finais de maio, podes pedir a túa cita por adiantado.


  • Imprescindible cita previa, podes solicitala a través de:

E-mail: nosmesmas@felgtbi.org

Teléfono e WhatsApp: +34 722 286 300 ou no +34 627 736 965

O servizo se desenvolverá ata o 31 de agosto de 2024.


Este servizo está financiado: 



0 comentarios: