viernes, 4 de marzo de 2011

8 de Marzo-- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como sabedes como organización atopamonos dentro da Marcha Mundial das Mulleres, dende a que abordamos outra perspectiva do feminismo e traballamos xunto a outras entidades feministas.


Este ano para o 8 de Marzo, día Internacional da Muller, dende a Marcha Mundial das Mulleres faise un chamamento á cidadanía nesta época de crise, e a todas as organizacións sociais para unir forzas, lembrando que nestes tempos o feminismo é máis necesario:


  • O camiño para saír da crise está na asunción dos valores feministas de igualdade, corresponsabilidade e paridade se cremos que é posíbel construír outro mundo a partir dun modelo autenticamente alternativo.
  • A saída da crise ten que facerse, reivindicarse, e articularse tendo en conta as mulleres, e con visión e perspectiva de xénero.
E para celebrar este día, coicidindo este ano có entroido, faremos unha manifestación lúdico-festiva, o MARTES 8 DE MARZO, ÁS 20H, SAÍNDO DENDE A PRAZA DE PORTUGAL.

Iremos disfrazadas de "SUPERMULLERES" facendo sorna o papel que tocanos asumir traballando fora e dentro da casa e facéndonos cargo aínda doutras responsabilidades.

Repartiremos capas e a pegatina para o peito ademáis podedes ir vestidas de negro e traer unha braga vermella para por enriba dos pantalóns, xa logo perruca e complementos a gusto de cada unha.

Así se nos verá:



0 comentarios: