miércoles, 5 de octubre de 2011

Teatro da Oprimida, organizado dende a Marcha Mundial das Mulleres


As mulleres da Marcha Mundial das Mulleres queremos convidarvos a participar no obradoiro de Teatro da Oprimida que terá lugar nos días 21, 22 e 23 de Outubro no Centro Social de Valladares

Para formalizar a inscrición é preciso enviar a FICHA (clica para descargar) a marchagaliza@gmail.com ou contactarnos directamente no 698159764 ata o Venres 14 de Outubro (Prazas limitadas).


Que é o Teatro da Oprimida?

O “Teatro da Oprimida” comeza nos anos 60 no Brasil impulsado principalmente polo dramaturgo, director e teórico de teatro Augusto Boal, nacido no Río de Xaneiro en 1931. Nun contexto histórico de represión política, Boal buscou sempre loitar contra todas as formas de opresión, desenvolvendo na súa loita a favor das exploradas e oprimidas a través de un teatro de cuño político, libertario e transformador.

Tratase de unha forma de Teatro, entre tantas outras, no entanto, diferénciase por asumir que todas somos e actrices e que o público debe ser o protagonista da acción teatral, o que lle da un carácter extremadamente innovador, creativo e, sobre todo, democrático e participativo.

Cales son os obxectivos?

A través das técnicas do Teatro da Oprimida exploraremos as diversas situacións de opresión en que as mulleres desenvolvemos a nosa vida diaria.

Con este obradoiro procuramos: espazos de reflexión, debate e acción dende unha perspectiva feminista; explorar a creatividade e a imaxinación; potenciar a capacidade de resolución de conflitos; profundar na capacidade de acción colectiva e cooperativa e capacitar para unha cidadanía transformadora.

Sandra Silvestre, compañeira da Marcha Mundial das Mulleres en Portugal e con ampla experiencia na pedagoxía e educación social e popular da perspectiva feminista, levaranos por un camiño de reflexión interna e externa cara a conscientización das nosas realidades e toma de accións transformadoras.


Outras informacións:

Prezo de compromiso: 10€ por persoa, 5€ estudantes e desempregadas e 15€ prezo solidario.

Para chegar ata o CS de Valadares organizarémonos en coches ou utilizaremos o transporte urbano (C7.Saída da Praza dos Cabalos cada 30 min. o venres e cada 45 min. o sábado e o domingo)

0 comentarios: