jueves, 5 de abril de 2012

O goberno español abandona a resposta ante o VIH-sida.


Coa publicación dos Presupostos Xerais do Estado, confirmase o medo latendte dos últimos meses, o Plan Nacional sobre a Sida, financiado o ano pasado con 6 millons de euros (entre subvencións, transferencias ás Comunidades Autónomas e a propia actividade do plan) dirixidos a prevención e a atención de persoas afectadas, desaparece desta partida de 2012, quedando soamente reflectido un total de 3 millóns de euros para "actividades de loita contra a sida", perdendose a parte destinada ás Comunidades Autónomas e deixando a partida como axudas a ONG's.

A isto a Secretaría Xeral de Sanidade, esta convencida de que "os gobernos autonómicos seguirán apoiando estas iniciativas" e recorda que "as comunidades teñen autonomía propia para definir a súa aportación a cada estratexia de saúde".
Pois nada, será que isto tennos que deixar máis tranquilas!!!! compañeirxs de CESIDA confirman que esta eliminación pondrá en perigo a resposta ante o VIH, recordemos que os últimos estudos confirman o seu aumento en xente cada vez máis nova e especialmente HSS, xa que estes cartos das Comunidades destinabanse a subvencionar accións de prevención das ONG's, locais ou autonómicas, entidades especializadas en VIH que desenvolven accións con colectivos aos que o sistema público non chega.....

Triste....e vergoñento que, ante unha situación que aféctanos a todxs e que deberíase traballar de xeito prioritario e afrontalo con todas as ferramentas posibles e nas nosas mans, quede relegada, afastada e ata vilipendiado nuns presupostos xerais nos que non se atreven nin a concretar e aclarar o agravio.

Opinións das propias entidades:

Jancho Barrios, miembro de la Comisión Ejecutiva de CESIDA, esto supone “un golpe durísimo a la atención y prevención del VIH y el sida, puesto que las ONG no podrán a llevar a cabo estas acciones de prevención y muchas de las personas que acuden a esas ONG locales no tendrán donde acudir”


Montse Pineda se trata de “un ataque a un modelo de participación de la ciudadanía, dirigido a fragilizar la sociedad civil organizada y los derechos de la ciudadanía. Supone un ataque al movimiento asociativo VIH y sida que durante los últimos 30 años ha formado parte del sistema sanitario y social y que ha contribuido a mantener estable la infección por VIH en el estado español, cuyas acciones han sido la puerta de entrada para la intervención con colectivos en situación de mayor vulnerabilidad a los que el sistema público no puede acceder”


Marta Pastor, presidenta de FUNSIDA, destaca que “al eliminar las transferencias a las comunidades autónomas para el desarrollo de acciones de prevención del VIH, el Gobierno no asume su responsabilidad para cumplir con los compromisos nacionales e internacionales adoptados, poniendo de parapeto a las comunidades como responsables de no poder cumplir con los objetivos de prevención del VIH”

Ante esta situación, as plataformas estatais e organizacións civís que traballan na resposta do VIH e sida solicitan a Ministra de Sanidade unha reunión para clarificar a situación, de por sí contradictoria en algúns medios e que non concreta que pasará co Plan Nacional.

Seguiremos informando.

Podedes atopar os Presupostos Xerais do Estado no seguinte enlace:

http://www.sepg.pap.minhap.gob.es/Presup/PGE2012Proyecto/MaestroTomos/PGE-ROM/doc/L_12_A_G16.PDF

0 comentarios: