Chega xuño e dende fai semanas, atopámonos inmersas na organización dos actos para celebrar o Orgullo LGTB.
I é que esta data recárganos os folgos para a seguinte metade de ano, danos un toque de cor, de luz...pero sobre todo de alegría!
Celebramos a nosa diversidade, a nosa liberdade e o noso empoderamento para seguir na luita polo que queremos e cremos que nos fai mellores:
Con este motivo, este ano, pomos todo o noso maxin e moitísimo esforzo, na creazón artesanal e con moito agarimo destas camisetas.
Os fondos recabados axudarannos a seguir coa nosa actividade e a ver sempre cara diante sen perder nada do que pasa ao noso carón!
O custe é de 7 euros, tallas S, M, L e XL (Tallas Inditex, ollo!). En branco e negro.
En breve teremos tamén de manga curta e tamaños máis adaptados as figuras reais!
Podes encargárnola por mail (nosmesmas@felgtb.org) ou atopala a partir da semana que ven na Casa da Muller (rúa Romil, 20), e nas actividades que organicemos.
E ven con elas á Manifestación do Orgullo LGTB, o sábado 23 de Xuño!!!
0 comentarios:
Publicar un comentario