jueves, 24 de marzo de 2016

Coloquio “Corpos e sexualidades nas marxes do sistema laboral”


Coloquio organizado por FestiVal das Bretemas na Biblioteca Pública de Ponteareas  
19 de marzo de 2016.



 O pasado 19 compartimos esta gran mesa con compañeirxs do FestiVal das Bretemas e con Martina (sexóloga) e Antía (1ª xogadora de voleivol federado trans) que falaron, xunto a Nós Mesmas, sobre os corpos e sexualidades nas marxes. Deixamos a continuación a charla da nosa compañeira sobre o que tratamos. Esperamos a vosa opinión.


Ponente: Elisabet Pérez Costas
Na situación actual do mercado laboral quedarse na marxe non é unha novidade nin exclusivo do colectivo LGTBI. Nesa marxe atopámonos moi acompañadas das e das xóvenes que se precarizan ou non atopan o seu primeiro emprego, das maiores de 45 anos, das migrantes, daquelas que teñen unha funcionalidade diversa....
Sendo realmente a marxe moito máis ampla que o propio mercado.

E todas as que formamos parte desa marxe débese, sen dúbida, a unha razón imperante: non damos o perfil que o capitalimos espera de nos...

NON somos homes, brancos, de clase media-alta, heterosexuais e cisxénero, a poder ser casados (cunha familia heteronormativa e cun patrón patriarcal para que a descendencia non sexa un impedimento para a súa carreira) de entre 30-50 anos e con formación universitaria a poder ser.
O que ven sendo, en resumo, que as trans, as nixerianas ou peruanas, a que ten Síndrome de Down ou deficiencia visual, as bolleras, xunto coas naís solteiras e un longo etc NON CUMPRIMOS o estereotipo heterocentrista, machista, mixóxino e racista da nosa sociedade.

De todas formas, TEMOS LEIS, que é moi bonito e moi progue facelas, e para aquelas que si están dentro de ese mercado laboral e se pregunten...e logo, ¿poden despedirme por non ser heterosexual?
POIS NON

Pero as vías para o despido poden ser moitas (e cada vez máis doadas e baratas para o empresario), e é sinxelo atopar unha escusa políticamente correcta para largarte, e se non, sempre queda exercer presión sobre a traballadora para que abandone o posto.
Amparado ademáis en que o acoso laboral, de calqueira tipo, vai ser moi dificil probalo (máis se te larga por la túa orientación e ti estas “dentro do armario”....problemón).

Ante esta situación, por medo ao que poida acontecer, moitas persoas optan por non ser visibles no traballo. 

Ante esta dicotomía, ser visible ou non, moita xente te dí que o privado é privado, e que no traballo non tes que andar a contar con quen te acostas ou ir de abanderada.

Agora ben, o ámbito laboral é un espazo de socialización, onde desenvolvemos parte da nosa vida, pola súa cotidianiedade e cercanía, polas horas que pasamos nel e as relacións que alí establecemos. 
Ocultarnos neste ámbito é negarnos a nós mesmas.

E, ¿cómo se pode ser visible no traballo?

RESPOSTA INOCENTE: do mesmo modo que é visible unha persoa hetero.
E dicir, falando da súa partella, dos seus ligues, das súas relacións afectivas e sexuais, da súa vida social en xeral.

Pero a realidade indicanos que non é frecuente actuar así.

Será polo temor ás reaccións negativas da empresa ou dos compañeirxs, dos comentarios lgtbfóbicos que se escoitan a cotio, dos chistes que vexan a túa orientación ou identidade...todo en conxunto contribue a ter preocupación e ocultalo, acudindo a ese “dereito a intimidade”, que acaba sendo, simplemente, a xustificación, tanto da persoa que se oculta como daquelas que o consideran normal, da lgtbfóbia social existe.

A ningunha persoa hetero ocorreríaselle ocultar esa parte da súa vida, polas consecuencias que lle poda ocasionar no traballo. ¿Imaxinades a un home pensar “vou quitar o anel para que non me pregunten como se chama a miña muller”?

Iso, non é intimidade, é medo e é lgtbfóbia.

Por outro lado, esta invisibilización consciente no ámbito laboral ten outro rasero, xa que reforza a hipótese da inexistencia de persoas LGTB nas empresas. SIMPLEMENTE NON EXISTIMOS.

E, se non existimos, como vai a haber problemas de discriminación ante os que elaborar medidas concretas? (esta é unha razón dada tanto por empresarios como por representantes sindicais).

En definitiva, a visibilidade como ferramenta de igualdade, de loita contra a discriminación e de fomento da diversidade é fundamental. Sobre a visibilidade lésbica, destaca a dificultade que existe entre as mulleres para visibilizarse como “lesbiana”.

Moita xente opina que porque temos que etiquetarnos, persoalmente penso que unha “etiqueta” por así chamalo, non ten que ser un estereotipo, que é onde está o problema, pero é un dos xeitos básicos nos que nos relacionamos as persoas, categorizándonos, usando categorias sociais construídas, que non son estáticas nin excluíntes.

Identificarnos como “lesbianas” agora mesmo, supón aceptar a definición que a sociedade nos impón do que é unha lesbiana e que, probablemente, non corresponda coa nosa propia experiencia e mentras estes significados, vagos e negativos, sobre o lesbianismo sigan vixentes, non nos identificaremos e por tanto, continuaremos invisibilizándonos. Ante isto debemos implicarnos todas nun proceso de deconstrucción, derrubar o muro da invisibilidade e construir unha identidade lésbica positiva, fora da marxinalidade, e aberta aos milleiros de perfís que existen.

E nisto é no que andamos en Nós Mesmas, en saír a rúa e visibilizar as diferentes realidades, achegalas a outros colectivos, traballar a diversidade cxs máis novxs, denunciar a discriminación e reivindicar unha sociedade nosa, de todas. 

0 comentarios: