Dentro da Programación do Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2018
disfrutaremos do filme Nove de Novembro, primeiro de temática LGBT rodado en galego.
O evento, coorganizado cos Multicines Norte, contará coa presencia do Director, Lázaro Louzao, co que se manterá un coloquio ao final da proxección.
O film protagonizado por Ademar Silvoso e Brais Yanek, tivo un orzamento de só 30.000 euros e foi financiado parcialmente a través dunha campaña de crowdfunding, ademais, o seu estreo non estivo exento de polémica, disto e de moito máis falaremos en persoa co director.
Para non quedar sen ela, poderás mercar as entradas, cerca da data, en:
https://www.reservaentradas.com/cine/pontevedra/multicinesnorte/
0 comentarios:
Publicar un comentario