un ano máis voltan os obradoiros de setembro!
Desta volta será sobre educación sexual, un obradoiro máis teórico e menos vivencial que en anos pasados.
Será o luns día 7, martes 8, venres 18 e venres 25 de setembro, das 18 ás 21hs, na Casa das Mulleres (R/Romil nº20)
Aberto a calquera persoa con curiosidade e inquedanzas persoais e/ou profesionais neste ámbito.
Unha formación pensada para reflexionar sobre o sexo dende unha mirada comprensiva e de cultivo.
Para achegar nocións e ideas que poden axudar a entender o feito sexual humano e as súas implicacións.
Para vivirse como os suxeitos sexuados que somos.
Para unha mellor convivencia entre os sexos.
Hai límite de prazas, este ano o aforo está limitado a 15 participantes, polo que priorizaranse aquelas persoas que podan asistir ao conxunto do obradoiro (os 4 días) e iranse cubrindo as prazas por orde de inscición.
Para inscribirte, lembra enviarnos o teu nome e apelidos, un teléfono de contacto, idade, días nos que podes asistir e motivacións para facer este obradoiro. Nuns días, antes do día 2, recibirás un email para confirmarche ou non a túa inscrición.
Calquera dúbida ou para máis información sobre o programa, chámanos ou escríbenos!
Agardámoste!
0 comentarios:
Publicar un comentario