Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

jueves, 29 de diciembre de 2022

e as persoas trans, como estamos representadas na literatura?

 Dentro do programa Mocidade LGTBI+, Presente! realizamos o último obradoiro co que non só pechamolo ano, senon tamén o programa en sí.Este obradoiro "A realidade trans na literatura" foi dinamizado por Rosa Chantada, da Asociación Mulleres e Palabras. O noso obxectivo era aprender a analizar como é que diferentes persoaxes trans son utilizados dentro dunha historia ficticia e afondar sobre o obxectivo da autora en incluír, nesa historia...

martes, 29 de noviembre de 2022

VI Xornadas Tratamento da Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero nas aulas

 Presentamos a VI edición das Xornadas de Tratamento educativo da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas organizadas pola Asociación Nós Mesmas.Nestas xornadas abordaremos contidos e compartiremos experiencias e prácticas educativas que se están a desenvolver en diferentes centros educativos co obxectivo de formar á comunidade educativa de forma preferente, pero con interese para futuros profesionais da educación, así...

viernes, 18 de noviembre de 2022

A mocidade LGTBI+ e as súas interseccións: discriminación racial e etnica

 Dentro do proxecto Mocidade LGTBI+, Presente! que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, tivemos onte o segundo obradoiro para o que contamos coa participación da Técnica do programa SAOVDRE, Lucía Cruces, de Red Acoge. Nesta charla-obradoiro falouse sobre que é a discriminación (en particular por motivos raciais ou étnicos) e que implica, sobre os incidentes discriminatorios aos que está exposto o colectivo migrante, e ofrecéronse...

sábado, 29 de octubre de 2022

Tes dúbidas? necesitas apoio? ESTAMOS AQUÍ!

 En Nós Mesmas estamos para axudarte!Se tes algunha dúbida, precisas información acerca relacionado coa túa sexualidade ou orientación, incluso se cres que podes estar sufrindo violencia LGTBIfobica, conta con nós!Podes contactarnos a través das redes sociais, do whatsapp, por correo ou pasarte pola sede, a forma que máis cómoda te pareza, a consulta será totalmente confidencial e non tes porque identificarte se non queres. Ademais, estamos...

miércoles, 26 de octubre de 2022

A importancia dos espazos de debate para a mocidade LGTBI+

 O pasado 21, 22 e 23 de outubro tiberon lugar as XX Jornadas Jóvenes sin Armarios que organiza o Grupo Joven de la FELGTBI. Estas xornadas, con xa 20 anos, son todo unha escola de aprendizaxe entre iguais á que levan acudindo xa 15 anos as activistas máis novas de Nós Mesmas.Este ano 2022 tivemola ocasión de acudir dúas persoas de Nós Mesmas ata San Sebastian, onde acollía a realización das xornadas a Asociación Gehitu. Durante esos...

martes, 25 de octubre de 2022

Mocidade LGTBI+, PRESENTE!!

 Un novo ano comezamos o noso proxecto dirixido á mocidade.E porque un proxecto específico para a mocidade LGTBI+?para dar resposta as miñas dúbidaspara atopar un lugar seguro onde sentir que se me escoitapara crear lazos con outras persoas da miña mesma idadepara compartir o que me gusta, as miñas experiencias...e que lle sirvan a outras mozxsContáctanos a través do correo nosmesmas@felgtb.org, por teléfono ou whatsapp 722286300 ou envía un...

Volta ao cole 22-23!

 Voltamos ao cole e ao insti coa mochila cargada de ilusión!Queremos que esta experiencia sexa sempre positiva para todo o alumnado, por isto, volcámonos en ofertar aos centros educativos diferentes propostas formativas para incluír nas súas aulas a diversidade afectiva-sexual e de xénero. Porque todas, todes e todos somos diversos, a diversidade é cousa de todas! Clica na imaxe para coñecer as nosas propostas para este curso e se...

lunes, 17 de octubre de 2022

Novos estatutos. Traballamos para medrar.

 Despois de meses de traballo asembleario, temos xa os noso estatutos polos que rexiremola nosa acción social e activismo, onde contamos, como mellora dos anteriores estatutos, con todas as áreas de acción nas que incidimos e onde podemos atopar, igualmente, os deberes e dereitos das persoas asociadas. Como medida de transparencia e para coñecemento de todas as persoas interesadas, deixamos aquí os estatutos para a súa consulta.Estatut...

lunes, 23 de mayo de 2022

 🗣🏳️‍🌈Orgullo Crítico LGTBI+ Vigo 2022🗣🏳️‍🌈        Volta con  máis forza o Orgullo organizado por Nós Mesmas, despois de dous anos complicados, coas medidas sanitarias e as restricións, por fin este ano vemos como mellorou a situación e xa non temos as restricións que nos impediron ocupar máis e mellor as rúas. Inda que nin o Covid foi quen de para a loita do colectivo LGTBI+ e de reivindicar unha data tan...

viernes, 29 de abril de 2022

Ampliamos o Servizo de atención psicolóxica ao colectivo LGTBI+

 🗣🏳️‍🌈SERVIZO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA 🏳️‍🌈🗣De maio a xullo contaremos con máis horario de atención psicolóxica dirixida ao colectivo lgtbi+ e as súas familias.Un espazo de seguridade, confidencialidade e aprendizaxe.Se sintes que precisas acompañamento, porque estás pasando un mal momento, atravesando algunha dificultade ou pasando malestar, se precisas dalgún apoio para tomar decisións ou aclarar dúbidas e inquedanzas...podes contactar...

Oferta laboral para o Servizo de atención psicolóxica

 OFERTA DE EMPREGOCONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA FOMENTO DE EMPREGO DE ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2022Asociación que realiza a oferta:  Asociación Nós MesmasPosto/s ofertado/s e perfil/ís solicitado/s:• Posto de psicóloga/o para a atención do colectivo de mulleres LBT, de maio a agosto de 2022, media xornada en horario de tarde.• Perfil: persoa titulada en Psicoloxía con formación en Xénero, Igualdade e Diversidade afectiva-sexual e...

jueves, 17 de marzo de 2022

Axuda as persoas refuxiadas para habitar un mundo máis xusto

O drama da guerraA cifra de persoas que teñen abandonado Ucraína cara os países veciños desde o inicio da invasión rusa supera xa os dous millóns de persoas, segundo os últimos datos da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), e agárdase que esta cifra siga a aumentar. A poboación está a atravesar unha grave crise humanitaria e tanto os ucraínos que xa foron evacuados do país coma os que teñen permanecido na zona de guerra, enfróntanse...