Nestas xornadas abordaremos contidos e compartiremos experiencias e prácticas educativas que se están a desenvolver en diferentes centros educativos co obxectivo de formar á comunidade educativa de forma preferente, pero con interese para futuros profesionais da educación, así como a psicólogxs, pedagogxs, integradorxs sociais…e aquelas persoas motivadas en adquirir formación para introducir a diversidade afectiva, sexual, de xénero e familiar na súa labor con menores e mocidade para a inclusión da diversidade e a prevención da discriminación por LGTBIfobia.
Día: Sábado, 10 de decembro, 2022
Horario: 10 a 14h e de 16 a 20.30h
Lugar: Salón actos AVV de Navia Emilio Crespo, Rúa Bravo, 6, 36212 Vigo, Pontevedra
INSCRICIÓNS:
70 prazas, con preferencia para profesorado da educación pública e concertada de Galicia (persoal fixo, provisional, interino e sustituto).
Aprobada a homologación previa da actividade por parte do Servizo de Programas de Formación, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta de Galicia
As prazas otorgaránse priorizando ao profesorado activo na educación pública e posteriormente por orde de inscrición ata o día 05/12/2022, contactaremos a través de correo ou por tlf para informar da praza asignada e disporá de 1 días hábil para CONFIRMAR A ASISTENCIA, no caso de non confirmarla, a praza pasará as persoas en lista de espera.
PROGRAMACIÓN:
09:30h. Apertura acreditacións.
10:00h. Apertura das xornadas.10:05h. Roberta Mattia, De 2009 a 2022, a aposta de Nós Mesmas pola diversidade nas aulas
11:30h. Alejandro Alder, Consecuencias do bullying lgtbifobico para a mocidade
12:30h. Pausa Café.
13:00h. Lara Boubeta, Traballamos a diversidade desde primaria.
16:00h. María Rodriguez, Presentación Investigación Profesionais LGTBI no eido educativo da FELGTBI+
17:00h. Carla Miguez, Linguaxe inclusiva máis alá do desdobramento: como naturalizar a linguaxe non binaria nas aulas
18:00h. Pausa Café.
18:30h. David Armenteros e Nee Barros, Integramos a diversidade en Secundaria
20:00h. Actuación peche
Actividade subvencionada pola:
0 comentarios:
Publicar un comentario