lunes, 19 de junio de 2023

Proxección Curtas La Pecca

 


A cultura é parte esencial das nosas vidas, crea referentes e é un reflexo da realidade. 
Por iso é fundamental apoiar e visibilizar as mostras culturais que fomentan a inclusión da diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar tamén polo Orgullo! 

En colaboración coa Asociación LGTB DeFrente de Sevilla, co Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, Marco e subvencioandas pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, realizamos a proxección das curtas finalistas e gañadoras do "Pequeño Certamen de Cine de Ambiente La Pecca" o vindeiro martes 20 de xuño ás 19.30h no salón de actos do MARCO  (confirmamos a existencia dun erro no programa completo do Orgullo Crítico LGTBI onde esta actividade consta o día 21 de xuño, non ter enconta esa data)

La Pecca naceu como proxecto sociocultural no ano 2007, chegando a ser, na actualidade, un dos certames de curtametraxes máis importantes a nivel internacional na súa categoría, por varias razóns, entre as que destacan a súa lonxevidade, a calidade das curtas e a cantidade de obras concursantes anualmente, así como polos premios repartidos.

Na proxección disfrutaremos de 4 das curtas participantes, entre elas a Pecca de Plata, que abordan temáticas moi variadas nas que as súas protagonistas son persoas LGTBI, historias reais, ficticias, humorísticas...que consiguen o obxectivo perseguido polo certame, visibilizar e naturalizar a realidade LGTBI nun ámbito con tanta importancia social como é o cinema.

Presentará o acto, Elisabet Pérez, compañera de Nós Mesmas e xurado desta edición de La Pecca 2023.

Esperámosvos!



0 comentarios: