viernes, 20 de octubre de 2023

Como nos financiamos?

 

 
Para poder realizar a labor social que facemos a diario, precisamos recursos, económicos e materiais. Un recurso imprescindible é contar cun espazo onde estar, onde atender, realizar actividades, atoparnos, contar cun espazo seguro...isto é posible pola procura de subvencións que cubren parte do que implica ter un local (aluguer, facturas, seguros...).

Acabamos de coñecer a concesión da axuda dirixida ás asociacións de mulleres para consolidar o movemento asociativo das mulleres galegas, parte da Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de promoción do emprego e igualdade da Xunta de Galicia. 

Como resultado da convocatoria, contamos cunha subvención de 4000€ aprobada para un gasto executado de 6775,54€



0 comentarios: