Somos Hype! é un termo moi popular que utilizamos para expresar entusiasmo, emoción e expectación por algo positivo. E así é este espazo xa que como mocidade LGTBI+ somos enerxía, queremos emocionarnos e expresar(nos) sen tapuxos, nin complexos!
Este proxecto trata de crear espazos de apoio e benestar, onde tecer redes con máis mocidade, a educación emocional e o autocoidado sexan claves!
Contaremos con actividades de lecer onde coñecernos e aprender, crearemos campañas de visibilización da realidade da mocidade LGTBI e promoveremos valores de solidaridade, igualdade de xénero e loita contra a discriminación lgtbifóbica.
Se tes entre 14 e 30 anos, participa! podes sumarte a todo ou ben ao que máis te preste!!!
🎉 Estreamos programación cunha quedada moi top o 23 de maio ás 17h cunhe sexólogue para falar sen tabús, compartir dúbidas, coñecernos e crear redes de confianza 🧠💬💖🧵 E en xullo… chega o curso de costura máis hype da historia:🪡 “Puntadas de benestar” → todos os xoves de 12:00 a 13:30 📦 Faremos unha mochila e un neceser chulísimos para levar á praia, monte ou festival 🎒🌊🌲🎶‼️ Prazas moi limitadas! Non quedes sen a túa!📝 Queres recibir info das actividades que imos facer, vir á quedada ou apuntarte ao curso?➡️ Apúntate!!! https://forms.gle/6kd9JD8x5JnmtF1c6
As actividades que realizaremos dentro do SomosHype! son todas de balde xa que as financiaremos cunha subvención da Deputación de Pontevedra.
0 comentarios:
Publicar un comentario