Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

Orgullo LGTB Vigo 2018

Nin disfóricas nin incongruentes.

Batukada feminista

Reivindicación

Visibilidade lésbica 2018

Bicada polas rúas do centro Vigo.

xoves, 11 de outubro de 2012

Relatos e votación I Certame Nós Mesmas "Muller e empoderada!"


A continuación atoparedes todos os relatos participantes no I Certame de Relatos Curtos "Muller e empoderada!" organizado por Nós Mesmas.

Como votar?
Dende hoxe, 11 de outubro ata o próximo martes 16 de outubro. De seguido, atoparás un link que te enviará a Facebook (é preciso ter conta), no álbum de fotos, cada imaxe vai aparexada có título do relato, a súa sinopse e un link onde poder ler a historia (todo a dereita da foto). Para votar clica no "Me gusta" de cada imaxe.

Poderás votar todos os relatos que queiras pero só unha vez cada un.



Se non tes facebook pero queres ler as historias, aqui queda cada unha (non poderás votar):
1_"Llamada perdida"  
2_"Hoja caduca"
3_"Vida"
4_"Un pecado maravilloso"
5_"Muller ponderada"
6_"De MI libro algunas páginas"
7_"DESPERTARES"
8_"Muñeca de trapo"
9_"Macarena"
10_"Un día en el mundo entero"
11_"Mi historia"
12_"Historias pequeñas"
13_"Las palabras son palabras"

Este relato queda fóra do concurso porque incumple o tamaño establecido nas bases, pero a súa autora e nos queremos compartilo para quen goste de lelo:
"¿Las amigas se dicen "Te quiero"?"

mércores, 26 de setembro de 2012

Proxección "Shortbus" polo Día da visibilidade Bisexual

Este xoves 27 de setembro ás 20h no local de Nós Mesmas (Porta do Sol, 11 bis, 1º entresuelo).

Sinopsis Shortbus de "La Butaca":

"Shortbus" sigue la trayectoria de varios neoyorquinos cuyas tragicómicas aventuras navegan entre la sexualidad y los sentimientos. Sofia (Sook-Yin Lee) es una sexóloga que no ha tenido nunca un orgasmo; hace años que simula placer con su marido Rob (Raphael Barker). Conoce a Severin (Lindsay Beamish), una dominadora que se presta a ayudarla. Dos pacientes de Sofia, James (Paul Dawson) y su compañero Jamie (PJ DeBoy), piensan en incluir a un tercero, Ceth (Jay Brannan), en su relación sexual, pero Jamie no acaba de decidirse. Todos se encuentran en "Shortbus", un lugar fuera de lo común donde se mezcla la política, el arte y el sexo. La ciudad de Nueva York post 11 de septiembre y de los años Bush no es un lugar donde la vida sea fácil.

domingo, 23 de setembro de 2012

I Certamen Asociación NÓS MESMAS de Relatos Curtos “Muller e empoderada!”





Chega o 23 de setembro, e un ano máis celebramos o Día Internacional da Visibilidade Bisexual, exisimos unha sociedade libre de agresións contra as mulleres e homes bisexuais , libre de mitos e estereotipos que aumentan o rechazo social cara nós, unha sociedade que non nós invisibilice! E non nós esquecemos das mulleres e homes bisexuais que aínda hoxe en día son condeados a pena de morte en 7 países. É por isto que queremos vincular a conmemoración deste día coa que celebrase o 10 de ouubro, Día Mundial contra a pena de Morte e Día das Nacións Unidas para os dereitos das mulleres e da paz internacional. 

Para isto,  Nós mesmas vos propone a creación dun espazo para defender a nosa dignidade, a igualdade, a libertade e os dereitos humans a través da nosa escrita; nesta primeira convocatoria propomos o tema “Muller e Empoderada!”


Descarga Bases Certame Relato Curto

ATENCIÓN!!! Ampliase o prazo de entrega de relatos curtos ata o día 10 de outubro, dende o día 11 ata o 17 ás 12h estarán colgados a través do facebook para a votación, o mércores 17 colgaránse os resultados gañadores nas vías indicadas nas bases, e poderáse pasar a recoller os premios polo local da asociación a partir desa mesma tarde.

Ainda estás a tempo para enviar o teu!!

Coa colaboración da:

luns, 10 de setembro de 2012

Inauguración novo local!!!





Cunha sonrisa de orella a orella anunciamos que Nós Mesmas xa conta con local propio (de aluguer claro esta!) na cidade de Vigo.

porque tanta ledicia? pois por que buscabamos un lugar onde atoparnos e que nos atopen, onde poder traballar xuntas quen se pase por ahi e que sexa máis persoal e non tan online, ubicar unha referencia para pasarte e informarte, coñecer a entidade, facer visible o colectivo e a nosa luita feminista, non depender dos escasos horarios dos poucos espazos públicos (que seguiremos usa

ndo, por suposto!), e tamén, por que non, valeirar nosas casas de cousas da asociación!! ;)

que faremos ali?

polo de agora, asentarnos e establecer uns horarios onde seguro estaremos. Ademáis as xuntanzas, cursos, obradoiros e demáis que poidamos, así como ceder o espazo a quen o precise :) Este será un espazo para o autocoidado,  un espazo protexido, un espazo feminista e un espazo onde compartir, de autoformación, polo que se queres impartir un obradoiro ou unha charla dun tema que coñezas, esté pode ser o espazo ;)

canto vai durar isto? pois non o sabemos!! polo de agora un ano, que é o que pensamos que co esforzo de todas podemos pagar as cuotas, porque non, non é do concello nin está subvencionado (para que as boas lingüas queden tranquilas que logo xa se sabe...aínda que se fose así tampouco teriamos problema!) ;) así que aproveitade mentres dure! 

E quedades todxs convidadxs a INAUGURACIÓN!! será na rúa, na porta do local e no mesmo local para que o coñezades
 ;)


DIRECCIÓN:
Porta do Sol, 11 bis, 1º entresuelo
Vigo
647774051


xoves, 21 de xuño de 2012

MIRA ESTE VIDEO PARA COÑECERNOS


Para que nos coñezades:) 


RINVINDICATE, REBELATE E PARTICIPA
ENTRA E CONOCENOS
NÓS MESMAS


https://www.facebook.com/photo.php?v=3384085007120

venres, 8 de xuño de 2012

Programa Orgullo LGTB Vigo 2012


Mércores 20:

17.30_Presentación prensa Actos Orgullo LGTB 2012
18.00_Proxección curtos "Educar na Diversidade"__ata o día 27, con pases ás 18, 19 e 20h
Lugar: Casa da Muller

Venres 22:

20.30_Quedada e cea__Vémonos na Praza da Constitución, cear xuntas e comezar a festa :) (confirma asistencia por mail!)
00.30_Festa Diversa__música divertida, sorteos entre as e os asistentes, agasallos, bo ambiente....na sala MOGAMBO (Churruca, 12), entrada solidaria 2€ con sorteo incluido (cesta erótica, camisetas, copas...).
Sábado 23:

18.00_MANIFESTACIÓN baixo o lema "Matrimonio Igualitario. Igualdade sen recortes"__Sairemos do cruce de Colón con Urzaiz ata a Praza da Constitución__Trae a túa bandeira e coloreemos o centro de Vigo!!
19.00_Festa "Tortillera"__Despois da mani, na Praza da Consitución, disfruta dunha boa tapa de tortilla por 1€, con boa música e compañía!

Luns 25: 

17.30h_Obradoiro Danza-Clown__a través da risa, da música e dos nosos corpos, o pasaremos en grande, soltaremos tensións e aprenderemos a coñecernos mellor rindonos máis e máis! Na Casa da Muller (rúa Romil, 20), de balde e só para mulleres. Inscríbete no seguinte enlace ou por correo (nosmesmas@felgtb.org)
Xoves 28:

18.00_Palestra: "A LGTBfobia na Galiza e no mundo. Perpectiva actual." 
           Antonio Alonso_Coordinador Amnistia Internacional, Vigo
           Laura Guisantes_militante Briga.
Na Casa da Muller (rúa Romil, 20)


Con isto rematan as nosas accións, pero ademáis participaremos en....

-Video-forum "El celuloide oculto"_xoves 14 ás 18 no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Central) organizado pola Rede Veciñal de mulleres contra os malos tratos.
-Palestra nas xornadas "Que hai de novo nos feminismos?"_xoves 21, dende ás 18h, organizada por Emma Casal da Universidade de Vigo.
-Programa de radio Enredate, da RSGS_martes 26 ás 23h
-Club de Lectura CRF "A semellanza" de María Xosé Queizan_mércores 27 ás 18h, no Centro de Recursos Feministas (Biblioteca Central), organizado polo CRF e Implicadas no Desenvolvemento.
-Palestra nas xornadas organizadas polo Centro Social "O Fresco"_ 30 de xuño, no propio Centro social en Ponteareas.

xoves, 31 de maio de 2012

Camisetas Orgullo

Chega xuño e dende fai semanas, atopámonos inmersas na organización dos actos para celebrar o Orgullo LGTB.


I é que esta data recárganos os folgos para a seguinte metade de ano, danos un toque de cor, de luz...pero sobre todo de alegría!
Celebramos a nosa diversidade, a nosa liberdade e o noso empoderamento para seguir na luita polo que queremos e cremos que nos fai mellores: 
a liberdade de elixir e vivir feliz de forma plena!!


Con este motivo, este ano, pomos todo o noso maxin e moitísimo esforzo, na creazón artesanal e con moito agarimo destas camisetas.


Os fondos recabados axudarannos a seguir coa nosa actividade e a ver sempre cara diante sen perder nada do que pasa ao noso carón!


O custe é de 7 euros, tallas S, M, L e XL (Tallas Inditex, ollo!). En branco e negro.
En breve teremos tamén de manga curta e tamaños máis adaptados as figuras reais!


Podes encargárnola por mail (nosmesmas@felgtb.org) ou atopala a partir da semana que ven na Casa da Muller (rúa Romil, 20), e nas actividades que organicemos.




E ven con elas á Manifestación do Orgullo LGTB, o sábado 23 de Xuño!!!