Pola loita dos dereitos das mulleres lesbianas, bisexuais, trans e persoas trans e non binarias.
Queda moito por facer para ser Nós Mesmas
Nin disfóricas nin incongruentes.
Reivindicación
Bicada polas rúas do centro Vigo.
María
Reimóndez, muller activista,
feminista, cooperante, comprometida coa terra, implicada coas persoas. No
pasado mes de febreiro o seu libro “Cobiza” conseguiu o
“1º Premio Literario Pinto e Maragota” do presente ano.
Elixir este libro como un dos actos protagonistas do Orgullo Crítico LGTBI+ 2021 foi un acto
premeditado, feito a conciencia e con moita satisfacción persoal. Este acto
está organizado pola Asociación Nós Mesmas e a Asociación Mulleres e Palabras e
convidamos a quen queira participar a que se achegue ao MARCO o vindeiro 15 de xuño, ás 19:30h. As prazas serán limitadas ata
completar aforo.
ENTREVISTA A MARÍA REIMÓNDEZ:
María, unha das formas que tes na loita contra as
desigualdades é a túa
escrita, poderosa escrita que nos fai reflexionar sobre o presente, pero que nos amosa tamén un futuro cruel que temos que modificar entre todas as persoas. En Cobiza aparecen moitos personaxes, onde sempre podemos atopar similitudes persoais, e recolle, de forma contundente, as desigualdades actuais fomentadas polo capitalismo e o patriarcado.
-Para nós como lectoras é marabilloso o teu compromiso coa escrita pero e a ti, como xurde a implicación da escrita coas desigualdades? Fáiseche cómodo abordar estes temas nos teus libros ?
-Vivimos nun momento onde os fascismos parece que queren rexurdir, un momento complicado, sobre todo porque parece que parte da cidadanía non é consciente do que pode suceder se non actuamos organizadamente. Moita xente pensa que o tema das desigualdades a nós non nos afecta ignorando as nosas iguais e semellantes, é fácil mirar para o outro lado mentres non afecte a miña contorna. No libro afrontas as desigualdades dun xeito colectivo, todo vale para que os dominantes manteñan o poder. Como podemos inverter esta ecuación ?
Non creo que eu teña unha resposta total a esta pregunta, quitando que en todo momento histórico hai sempre un tirapuxa entre quen constrúe e quen destrúe (ou entre o poder e o contrapoder, que diría Foucault). O importante é pensar de que lado nos poñemos cada día dende os actos máis pequenos no individual e sempre sachar en colectivo. O avance da extrema dereita é unha realidade que se fomenta sobre todo no discurso, por iso a escrita (literaria e de todo tipo) é tan importante. Non podemos permitir que sexan eles quen marquen as nosas prioridades políticas, os temas de debate e moito menos dar espazo a discursos abertamente racistas, xenófobos, tránsfobos, machistas... Mais, ao final, se eses discursos se toleran é porque non estamos indo á súa raíz. E a raíz é moito máis complexa ca a superficie porque implica que cada persoa e cada comunidade se teña que estar avaliando de forma crítica de xeito constante. Por dar algúns exemplos, no nacionalismo galego, do que me considero parte, hai unha necesidade urxente de revisar, xa non só o discurso patriarcal adquirido, senón tamén a visión acrítica que temos de sermos un “pobo oprimido” sen preguntar a quen oprimimos nós. Igualmente, dende os movementos LGBT occidentais por veces as reflexións teñen unha forte base colonial (somos nós quen imos iluminar a outras, cando o certo é que en todos os demais continentes a diversidade sexual e de xénero era a base social antes da colonización), ou tampouco se cuestionan ideas de “normalidade” que son problemáticas (a monogamia, as estruturas familiares, as inclusións e exclusións de certas categorías). Fronte a todo isto, eu parto dunha ética e pedagoxía feminista, que consiste en non conformarse con analizar a opresión, senón que busca analizar o privilexio que todas as persoas temos. E a partir de aí, darlle a volta, interrogar: que podo facer co privilexio que teño para o ben común? No meu caso, isto é algo que impulsa o privilexio que teño á hora de usar a voz pública como escritora.
-Aparte da calidade literaria a que nos tes acostumadas, entendemos que Cobiza é unha contribución moi importante á túa reflexión sobre a construción do sexo e do xénero, das novas identidades, das orientacións sexuais, dos coidados da terra, dos coidados ás persoas. Pensas que estes conceptos están chegando a cidadanía dun xeito natural? Non é máis fácil aplicar os sentimentos como ferramenta de traballo en contra das manipulacións das estruturas de poder?
Cobiza é un intento de tratar certas cuestións de forma complexa e interconectada. O que busca é provocar unha reflexión a partir da incomodidade (neste caso presentarnos un distópico mundo potencial se seguimos co rumbo que imos). Sempre digo que a incomodidade é o maior motor de cambio, porque só quen está incómoda ten interese en moverse e cambiar as cousas. Por iso escribo dende esa base. O que non concibo é unha separación da reflexión e da emocionalidade. Creo que esas separacións só son posibles na mente patriarcal occidental, tan influída polo cristianismo co seu afán de separar mente (elevada/masculina/branca) e corpo (sucio/feminino/racializado). Na escrita a reflexión e a emoción sempre van da man, por iso é unha ferramenta importante (como calquera ficción: o cinema, o teatro, os videoxogos, a danza...) para que a cidadanía reflexione e atope alternativas.
-Pensas que conquistar as diferentes igualdades reais no mundo realmente é unha novela de ciencia ficción ?
Non, é unha novela que escribimos cada día.
Grazas María, por ser, por estar, por participar nesa
loita precisa que é a nosa.
Moitas grazas.
Chega o mes do Orgullo Crítico LGTBI Vigo 2021!!!!
O Orgullo Crítico que organizamos desde Nós Mesmas, recompila actos culturais e de sensibilización que reivindican e visibilizan a realidade LGTBI, e como non pode ser doutra forma, este ano centrámosnos en visibilizar a realidade das persoas trans e en reivindicar unha lei integral trans!
2021 está sendo, ao igual que ano anterior, un ano compricado, con medidas sanitarias que preveen novos contaxios e que limitan as actividades, os aforos, os tempos...aínda así, non quixemos renunciar a seguir reivindicando unha data tan fundamental como é o Orgullo, por iso, presentamos a programación que con tanto amor e traballo organizamos para este ano:
10/06 18.30h Pregón, Museo Marco (rúa)
10/06 19h Coloquio Movementos sociais ás marxes, con Abrir Fenda, Bloque Obreiro e Xacia Ceive de Sete Outeiros, Museo Marco (aforo limitado sen inscrición)
15/06 19.30h Faladoiro con Mª Reimondez sobre Cobiza, actividade coorganizada coa Asociacion Mulleres e Palabras, Museo Marco (aforo limitado sen inscrición)
19/06 19h Documental Vestida de azul e coloquio posterior cunha das protagonistas, Nacha La Poderosa, Auditorio Teis (aforo limitado sen inscrición)
22/06 19.30h Memorias da Galicia LGTBI con Eva Mejuto e Daniela Fernández, Museo Marco (aforo limitado sen inscrición)
25/06 19h Documental Noite Irisada e coloquio posterior con Nanina Santos, Xosé Buxán e Beatriz S. Briones; Museo Marco (aforo limitado sen inscrición)
26/06 11.30h Pedalada por unha cidade diversa e accesible (inscrición previa aquí)
27/06 12.30h Un día en familia, Monte do vixiador (inscrición previa aquí)
28/06 20h Manifestación "Os dereitos humanos non se negocian, lexíslanse: Lei Integral Trans Xa!" Saída de Praza dos Cabalos.
Peche do Orgullo, actuación Petra Porter!
Para facer todo isto posible, precisamos de colaboración económica.
Como todos os anos, presentamos o programa a subvención de Igualdade do Concello de Vigo, que esperemos financie unha pequena parte dos actos, a maiores, buscamos a cooperación doutras institucións que nos cedan espazos e contamos con merchandaising que podes facerte con el na nosa sede.
Este ano, a maiores, contamos coa colaboración de Entrapolis para a venda de Entradas Fila 0. Esta entrada é unha compra simbólica, non reserva butaca, é unha doazón para colaborar coa organización do Orgullo, todos os actos organizados son gratuítos e abertos.
Coorganizado con:
Coa colaboración de:
É fundamental que coñezamos a memoria histórica do colectivo LGTBI+, saber de onde vimos, quen precedeu a nosa loita, que camiños abriron e cales seguen sendo as batallas que veñen de atrás
Nos seguintes enlaces podes atopar revistas e novas das décadas 90´s, 00´s e 10´s, cedidas por Susho Muiños e Esteban Souto, aos que lles agradecemos ternos cedido todo este material
Esperamos que, estes pequenos retazos de historia, sexan do teu interese!!!
Índice hemeroteca
Revistas:
-S`Homos 4 -Día Del Orgullo 1992
-S´Homos 9 -As mas perralheiras 2
-S´Homos 11 -As mas perralheiras 1
Novas xornais:
O Servicio de Orientación, Formación e Asesoramento é un servizo especializado no colectivo de mulleres lesbianas, bisexuais e trans que cubre a provincia de Pontevedra.
Proporcionamos información, orientación e asesoramiento á ciudadanía LGTBI e achegados (familias, profesionais, etc.) sobre os seus derechos, exercicio dos mesmos e recursos sociaies adecuados para resolver as súas necesidades.
O noso servizo conta coas seguintes características:
Imprescindible cita previa, podes solicitala a través de:
E-mail: nosmesmas@felgtb.org
Teléfono e WhatsApp: +34 722 286 300 ou no +34 627 736 965
Servizo subvencionado por (ano 2022):
Pechamos un ano complicado, un ano que ninguén esperaba e no que moitas das persoas que forman parte do colectivo LGTBI viviron como unha dura experiencia, vendo aínda máis vulnerados os seus dereitos.
Como exercizo de transparencia e boas prácticas, deixamos aquí as memorias que recollen todo o traballado neste ano 2020 así como o resume de contas anuais.
Memoria actividades 2020 e previsión actividades 2021
Pasou un ano e xa están aquí as IV Xornadas de Tratamento da Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero nas Aulas.
Este ano cambiamos formato e adaptándonos a situación actual, desenvolveránse online, a través de Zoom. O que non cambia é a calidade das intervencións e das experiencias prácticas que nos compartirán diferentes profesionais do eido socioeducativo.
Contaremos con 3 ponencias marco e 3 experiencias prácticas que nos aportarán coñecementos sobre como integrar a diversidade afectiva-sexual e de xénero na nosa práctica educativa, ben como profesorado, educador/a, monitor, psicólogo...
Susana Guerrero Salazar (Univ. de Málaga), Melani Penna Tosso (Univ. Complutense de Madrid) e Pau-Eloy García (Transdiversia) afondarán nas identidades trans, na educación e na linguaxe inclusiva como ferramentas da práctica educativa e a formación teórica se completará coa experiencial da man de Cristina Pérez-Sánchez (Algarabía), Luz Beloso (IES As Barxas) e Carlos Tejo (Univ. de Vigo) que compartirán as súas experiencias traballando diferentes proxectos nos seus centros educativos.
Para inscribirte nas xornadas preme aquí e consulta a programación completa.
Subvenciona:
Todo isto en que se traduce?
Traducese nun grupo aberto e cambiante de persoas, cada unha cos seus propios criterios sobre cales son os temas que máis nos afectan, pero dende o traballo asambleario e horizontal, buscamos puntos en común, respetando as nosas diferencias.
Queremos facer, crear, aportar ideas e accións para erradicar a discriminación que segue existindo contras o colectivo LGTBI, e sobre todo, as mulleres lesbianas, bisexuais e trans na Galiza e no mundo.
Levámolo a cabo mediante accións sociais nacidas e impulsadas por as propias participantes que rachen có patriarcado e o cisheterosexismo social e nos empoderen co fin de rematar coa violencia social e institucionalizada contra as disidencias.
Queremos facer, crear e aportar ideas e accións por que se non nos facemos ver e oír, segueremos sen avanzar, e queda moito camiño por percorrer!!!