jueves, 19 de mayo de 2011

III Semana contra a LGTBfobia


III Semana contra a Homofobia, Bifobia e Transfobia.
Do 16 ao 21 de Maio.

PROGRAMA DE ACTOS:

Exposición fotográfica.
Dende o Luns 16 ata o Vénres 20 na Casa da Muller (Rúa Romil, 20)

Exposición de fotografías e materiais impresos creados por activistas para diferentes accións de Nós Mesmas no último ano.
Fotografías de Virllyn, Marina e Patricia.

Pelis+Coloquio.
Ás 19h na Casa da Muller

Luns 16: Película: "Normal"
Dirixida por Jane Anderson, presentanos a realidade dun matrimonio heterosexual, tradicional e creente, que afronta o segredo do marido, él sempre foi unha muller atrapada no seu corpo e decide cambiar de sexo.

Mércores 18: Pelicula: "Prayers for Bobby" V.O.S.
Dirixida por Russell Mulcahy, e baseada na novela do mesmo título, presenta a historia real de Bobby, un adolescente gai que suicidase debido a intolerancia relixiosa da sua nai e da comunidade.

Vénres 20: Pelicula: "Aimee & Jaguar"
Dirixida por Max Färberböck, no Berlín da Segunda Guerra Mundial, narra a historia do romance da muller dun oficial nazi cunha muller xudia infiltrada nun períodico nazi e que suministra información a resistencia.


Actos de rúa:

Sábado 21 dende ás 19.30h fronte ao Museo Contemporáneo MARCO.

Realizaremos unha "vixilia" por ás mortes de homes e mulleres LGTB no Magreb Africano e en Oriente Próximo.
Ademáis de situar na zona diferentes paneis informativos da actual situación dos dereitos LGTB no mundo.
Ao finalizar realizarase unha concentración e lectura de manifesto.


Asociación Nós Mesmas
pola loita dos dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais.

647774051

2 comentarios:

LuPi LuKe dijo...

Non sei se sodes conscientes que diante do marco hai outra protesta xa... o de "Democracia Real YA" están alí acampados...

Elisabet dijo...

Lupi claro que somos conscientes, pero temos o permiso pedido dende hai un mes, no tempo que eles se puxeron nos non tiñamos tempo para solicitar outro (estas cousas teñen plazos) e non o puidemos cambiar.
De todolos xeitos, eles están onde a farola e nós fronte ao MARCO.
E así a vida, tampouco vexo nada malo que queres que che diga...