CONCENTRACIÓN pola VISIBILIDADE LÉSBICA fronte ao mercado do Calvario!!!
e despois....MESA REDONDA "LESBOFÓBIA NO ÁMBITO EDUCATIVO E LABORAL"
O 26 de Abril, celebrase o Dia da Visibilidade Lésbica, nesta data, como en calquera outra, mostrámonos ante a sociedade como mulleres visibles, libres e empoderadas. Pero para que todas as mulleres lesbianas vivamos sen a opresión da invisibilidade, á que esta sociedade patriarcal e heterosexista nos ten afeitas, temos que seguir loitando e reclamando a consecución do noso dereito como lésbicas, ante unha sociedade que non é igualitaria.
A educación e o emprego, son dous ámbitos onde crecemos e nos desenvolvemos, seguen a ser canles da lesbofobia, áreas nas que actualmente, a muller lesbiana segue a ser invisibilizada, insultada, despedida, denigrada, agredida psicolóxica e ás veces fisicamente e onde o patriarcado xoga un papel fundamental, no mantenemento do machismo e o patrón heterosexual a que as mulleres lésbicas nos vemos sometidas continuamente, sobre todo por parte dos contaminados medios de comunicación, que moitas veces, tenden a insultar e ridiculizar a nosa loita.
Por todo isto e porque temos que seguir loitando, formando e informando ao resto de mulleres, a través de espacios e reivindicacións como as que se realizarán o vindouro martes 26 de Abril, dia da visibilidade lésbica, onde todas as mulleres estades convidades.
Convocatória:
19:00h. Diante do Mercado do Calvário, concentración por la visibilidade lésbica.
20:00h. Palestra no Centro Social Lume. (Alcalde Gregorio Espino, nº55)
Onde analizaremos a situación da lesbofobia nos centros educativos e no entorno laboral.
As relatoras serán:
Isabel Quintairos__nos falará da súa perspectiva e das súas vivencias no seu anterior lugar de traballo (COPE), no que chegaron a despedila e no xuizo anularon dito despedimento.
Tereixa Dacosta__mostrará o traballo do STEG en relación a Diversidade Afectivo Sexual e falará dende o punto de vista de mestra.
Montserrat Gil__narrará en primeira pesoa a súa experiencia como estudante universitaria, muller e lesbiana.Cómo foron eses anos e cal é a súa percepción do problema.
Achéga-te!
0 comentarios:
Publicar un comentario