miércoles, 6 de febrero de 2013

Novo! Grupo Mamás Nós Mesmas

Hoxe nace un novo grupo dentro de Nós Mesmas dunha realidade que non é nova, as familias homomaternais.


Este é un grupo de nais lesbianas e/ou bisexuais con fillxs ou con ganas de telos, con inquedanzas comúns que ofrecen:



  • Un espazo de relación positivo e afectuoso, para coñecerse entre elas e coñecer aos e as súas fillas.
  • Un referente para outras familias homomaternais ou mulleres que desexen vivir a súa maternidade dende unha realidade non heteronormativa.
  • Un respaldo de apoio e de forza, para defender e protexer os nosos dereitos como familias ante calquer tipo de vilneración dos mesmos.
Queremos compartir con outras mulleres as nosas experiencias e inquedanzas, e que os e as nosas fillas coñezanse e convivan con outras familias homomaternais.

A proposta é xuntarnos, coñecernos e a partir de ahí, seguir camiñando polos nosos dereitos.

Se queres máis información ou asistir algunha reunión contacta a través de nosmesmas@felgtb.org






0 comentarios: