martes, 12 de marzo de 2013
Comunicado: Nós Mesmas recibe o Premio Xóvenes Emprendedores Sociais
0:49
2 comments
A Asociación Nós Mesmas de Vigo recibe
este xoves en Madrid o “Premio Jóvenes Emprendedores Sociales.”
A Universidade Europea de Madrid xunto coa International Youth Foundation,
premia na súa V edición dos “Premios Jóvenes Emprendedores Sociales” á asociación
viguesa Nós Mesmas polo seu traballo en prol dos dereitos das mulleres
lesbianas e bisexuais.
Este xoves 14 no HUB de Madrid (12h), Elisabet Pérez Costas natural de
Vigo, cofundadora da Asocación Nós Mesmas, recibirá en mans de Ana Pastor (CNN)
e Paco Lobo o premio “Jóvenes Emprendedores Sociales” polo seu proxecto centrado
na loita polos dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais.
Nesta V edición a Universidade Europea de Madrid, elixiu entre os máis de
100 participantes os 10 proxectos que destacan pola súa excelencia, o seu
modelo innovador, o seu entusiasmo e a sua labro social, có fin de dar
visibilidade a estos proxectos de cara á sociedade e apoialos para potenciar e
consolidar estas iniciativas. Estos proxectos entrarán a formar parte dunha rede
internacional, a Youth Action Net, onde estarán en contacto con máis de 700
xóvenes de todo o mundo, aumentando a súa visibilidade e impacto e difundindo a
súa labor, que no caso da entidade viguesa, levan realizando en Vigo dende fai
5 años.
A Asociación Nós Mesmas é unha entidade feminista centrada na defensa dos
dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais, que realizan a sua labor dende 2008
na área metropolitana de Vigo. Integrada fundamentalmente por mulleres xóvenes,
realiza proxectos de tipo educativo, de apoio psicosocial, sen esquecer a súa
labro reivindicativa e de activismo de base. En palabras de Elisabet
Pérez "este premio significa o apoio a iniciativas transformadoras
da sociedad como a nosa, dándonos o respaldo que en ocasións non recibimos polo
traballo realizado", ademáis continua "
enriquecennos os ponernos en contacto con xóvenes a nivel estatal e
internacional que traballamos polos dereitos sociais e aportarános como entidade
unha visibilidade fundamental para afianzar a nosa labor".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Parabéns, compañeiras! Ben que o merecedes, polo traballo e polo esforzo. Grazas por estar aí e por loitar por todas nós.
vas a conocer a Ana pastor? :;) dile que se pase alguna vez por vigo de madrina de nos mesmas...jajajj
Enhorabuena, ahí si que se demuestra todo ese trabajo detras...
Publicar un comentario