lunes, 11 de marzo de 2013

Comunicado: Nós Mesmas recibe o Premio Xóvenes Emprendedores Sociais



A Asociación Nós Mesmas de Vigo recibe este xoves en Madrid o “Premio Jóvenes Emprendedores Sociales.”

A Universidade Europea de Madrid xunto coa International Youth Foundation, premia na súa V edición dos “Premios Jóvenes Emprendedores Sociales” á asociación viguesa Nós Mesmas polo seu traballo en prol dos dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais.

Este xoves 14 no HUB de Madrid (12h), Elisabet Pérez Costas natural de Vigo, cofundadora da Asocación Nós Mesmas, recibirá en mans de Ana Pastor (CNN) e Paco Lobo o premio “Jóvenes Emprendedores Sociales” polo seu proxecto centrado na loita polos dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais. 

Nesta V edición a Universidade Europea de Madrid, elixiu entre os máis de 100 participantes os 10 proxectos que destacan pola súa excelencia, o seu modelo innovador, o seu entusiasmo e a sua labro social, có fin de dar visibilidade a estos proxectos de cara á sociedade e apoialos para potenciar e consolidar estas iniciativas. Estos proxectos entrarán a formar parte dunha rede internacional, a Youth Action Net, onde estarán en contacto con máis de 700 xóvenes de todo o mundo, aumentando a súa visibilidade e impacto e difundindo a súa labor, que no caso da entidade viguesa, levan realizando en Vigo dende fai 5 años.

A Asociación Nós Mesmas é unha entidade feminista centrada na defensa dos dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais, que realizan a sua labor dende 2008 na área metropolitana de Vigo. Integrada fundamentalmente por mulleres xóvenes, realiza proxectos de tipo educativo, de apoio psicosocial, sen esquecer a súa labro reivindicativa e de activismo de base. En palabras de Elisabet Pérez "este premio significa o apoio a iniciativas transformadoras da sociedad como a nosa, dándonos o respaldo que en ocasións non recibimos polo traballo realizado", ademáis continua  " enriquecennos os ponernos en contacto con xóvenes a nivel estatal e internacional que traballamos polos dereitos sociais e aportarános como entidade unha visibilidade fundamental para afianzar a nosa labor".




2 comentarios:

Isabel dijo...

Parabéns, compañeiras! Ben que o merecedes, polo traballo e polo esforzo. Grazas por estar aí e por loitar por todas nós.

Anónimo dijo...

vas a conocer a Ana pastor? :;) dile que se pase alguna vez por vigo de madrina de nos mesmas...jajajj


Enhorabuena, ahí si que se demuestra todo ese trabajo detras...