Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

sábado, 26 de abril de 2014

Porque un día como o de hoxe? 26 abril, día da visibilidade lésbica

Esta semana celébrase o Día da Visibilidade Lésbica, un día no que as mulleres lesbianas, algunhas de nós, as que podemos, vémonos na obriga de saír á rúa, unha vez máis, de romper armarios, de ter que VISIBILIZAR cal é a nosa orientación sexual, que nos gustan e nos sentimos atraídas sexual e afectivamente por outras mulleres. E porque isto é necesario? Porque temos que facer pública unha parte da nosa vida que non lle tería que interesar a...

sábado, 19 de abril de 2014

Día Visibilidade Lésbica

Actividades con motivo do Día da Visibilidade Lésbica en Vigo: Mércores 23 ás 19:30 no local de  Nós Mesmas Proxección do filme "Fire"    Mira o trailer                Venres 25 ás 20h  presentación do libro " Las lesbias (no) somos mujeres." Por Beatriz Suarez e María Xesús Fariñas. Lugar: local Nós Mesmas. Sábado 26 ás 20:00h. en Príncipe: Acción...

domingo, 6 de abril de 2014

Concentración por unha lei de visibilidade LGTBI real e efectiva

Hai meses, o PSdG presentou no Parlamento de Galicia unha “Proposición de Lei pola visibilización e non discriminación das persoas LGTB en Galicia”.  Tras a creba parlamentaria que sufrui a lei baixo a machada do PP,, o resultado é unha LEI BALEIRADA DE CONTIDOS cun nome que induce a engano que se converterá nun documento propagandístico para o PP. MIra neste blog toda a información e os colectivos sociais que traballamos conxuntamente...

MANIFESTO COLECTIVO EN CONTRA DA APROBACIÓN DA PROPOSICIÓN DE LEI POLA IGUALDADE DE TRATO E NON DISCRIMINACIÓN DE LGTB EN GALICIA

PRESENTACIÓN, PROCESADO PARLAMENTARIO E RESULTADO: Hai meses, o PSdG presentou no Parlamento de Galicia unha “Proposición de Lei pola visibilización e non discriminación das persoas LGTB en Galicia”. Esta lei foi debatida e emendada polos diferentes Grupos Parlamentarios, incluído o Grupo Parlamentario do Partido Popular, con maioría no Parlamento. Tras a creba parlamentaria á que se someteu esta proposta, na que o PP colaborou...