- Mércores 23 ás 19:30 no local de Nós Mesmas Proxección do filme "Fire"
- Venres 25 ás 20h presentación do libro " Las lesbias (no) somos mujeres." Por Beatriz Suarez e María Xesús Fariñas. Lugar: local Nós Mesmas.
- Sábado 26 ás 20:00h. en Príncipe: Acción de rúa "Rachando armarios: visibilizaremos que nos invisibiliza!" e porque un día da visibilidade lésbica? e porque teño que ensinarlle a ninguén como vivo a miña vida? e porque sair do armario se para min aquí todo está ben??? ser VISIBLE, rachar cos armarios e celebrar días como este é unha forma máis de exisir que non nos INVISIBILICEN, porque podemos vivir a nosa vida coma nos peta, pero e que pasa cando queremos facer cumprir os nosos dereitos? onde están estes??? reproducción asistida, adopción e filiación de fillxs, protección ante actos lesbofóbicos, atención de calidade na sanidade...son dereitos que perdemos cada vez que non nos miran e non nos facemos mirar, porque non é máis cego o que non ve que o que non quere ver, e isto pasalle aos nosos gobernos, médicxs, maestrxs...EXISTIMOS e teñen que ternos en conta!
- O sábado faite un selfie saíndo do noso armario ou onde te atopes! soa ou acompañada, VISIBILIZATE! e logo comparteo por redes co hastag #enVigosonVisible na nosa conta @Nosmesmas ou no muro do noso facebook. Mostremos un Vigo Visible!!!
- Sábado 26 "Cea Tortillera" (despois da acción da rúa, ás 22:00h, local Nós Mesmas) Vamos celebrar xuntas o noso día, que esperemos que algún día non faga falla que exista, pero mentres tanto ademáis de reivindicar nosos dereitos vamos comer unha boa tortilla-da entre outras cousas e ir de festiña (8€ socias, 10€ non socias, bebida e postre incluídos). Necesario anotarse con antelación ata o xoves 24 por correo ou facebook (Aso Nosmesmas).
0 comentarios:
Publicar un comentario