Despois de redactar o documento da entrada anterior coas propostas de Nós Mesmas aos partidos políticos, adicámonos a contactar con todos eles para facerlles chegar as nosas inquedanzas de cara ao tratamento e a representación do colectivo LGTBI nas políticas locais e solicitamos reunirnos para tratalas polo miudo.
Os partidos contactados e as súas respostas foron as seguintes:
PSOE___non entendían moi ben que queríamos, pasáronnos con Alcaldía no concello e a persoa que nos atendeu, tomou nota e quedou en chamar. Seguimos a espera. Non atopamos por o de agora o programa para facer unha lectura do mesmo.
PP___non nos pasaron con ningún responsable, convidáronnos a envíar a proposta por correo e xa a valorarían. Fixémolo. Lido o seu programa electoral, NON HAI NIN UNHA SOA MEDIDA DIRIXIDA AO COLECTIVO LGTBI, nin campañas de sensibilización ou medidas de inclusión laboral....nada.
BNG___aceptaron reunión, tivo lugar na nosa sé con Serafín Otero, cabeza de lista e Vitoria Iglesias (nº2). Pareceulles fundamental as demandas presentadas e comprometéronse a incluilas.
Agora mesmo o seu programa xa está colgado e atopamos incluidas parte das nosas propostas, por exemplo, varias no ámbito laboral, no de igualdade con medidas de especial atención as problemáticas das mulleres LBT ou contra a violencia machista por razón de orientación sexual das mulleres, propoñen a creación dun Programa de Información e Atención a población LGTB, campañas de sensibilización, etc.
Esquerda Unida___contactaron primeiro elxs con nós, pero finalmente unironse a Marea de Vigo.
Marea de Vigo___asistimos a unha das súas xuntanzas de elaboración asamblearia do programa. Apoiaron todo o contido das propostas que lle realizamos e así aparecen recollidas no seu programa, transversalizando a realidade LGTBI en todo o seu documento.
UPyD____non obtivemos resposta
CxG___non obtivemos resposta
Ciudadanos___non sabiamos que se presentaban ata fai pouco
A maiores, contactou con nos o BNG de Ourense, solicitando poder incluir as nosas propostas para a cidade de Ourense xa que coñeceran o documento que colgamos na web e estaban moi interesadas ao non poderse reunir con ningún colectivo ourensá LGTBI.
Como recollemos no documento coas nosas propostas, todas e cada unha de elas, forman un documento de mínimos que sentimos fundamental para respaldar a nosa cidadanía.
Non pedimos imposibles, pedimos dereitos, pedimos estar representadxs no noso goberno local, pedimos que se aborden as problemáticas que nos afectan e que se constrúa unha cidade diversa e igualitaria de forma visible e consciente.
O 24 de maio chamannos as urnas, e nos queremos dicirlle a todos os partidos políticos:
1 comentarios:
Bo traballo, boas iniciativas, e boa maneira de demostrar quen se implica na realidade da sociedade e quen cre que está por riba do ben e do mal. Bravo
Publicar un comentario