martes, 23 de junio de 2015

Lectura e presentación poemario LESBIAR de María Xosé Queizán



AGRADECEMENTO Á AUTORA
Sentimos unha enorme gratitude e un gran orgullo polo regalo co que Mº Xosé Queizán nos agasalla, permitíndonos ser as primeiras en publicar e poñer en circulación este libro.

Son xa oito anos de traballo diario de Nós Mesmas na reivindicación dos dereitos e liberdades das mulleres lesbianas e bisexuais, na busca do empoderamento, na loita polo dereito a gozar da nosa sexualidade en igualdade de condicións que o resto da cidadanía. Un traxecto cheo de atrancos, sen apoios oficiais, con dificultades para a realización das accións que permitan a visibilidade das mulleres cunha identidade sexual diversa, con poucos referentes sociais e culturais cos que as lesbianas nos poidamos identificar. Tampouco na literatura. Ata o de agora.

Por iso é un acontecemento histórico poder editar e publicar un poemario que visibilice as relacións lesbianas dun xeito claro, sen andrómenas, dotando o sexo lesbiano do seu propio verbo. LESBIAR. Queizán regálanos así, utilizando a nosa propia lingua, unha verba que representa a identidade lesbiana, única e con características que difiren da identidade hexemónica.

Grazas a María Xosé Queizán, contamos con esta oportunidade única e grazas a ela as novas xeracións contarán cun libro de referencia que derruba muros e abre camiño cara un mundo diverso.

Asociación Nós Mesmas

0 comentarios: