Asociación Nós Mesmas

Queda moito por facer para ser Nós Mesmas

miércoles, 4 de octubre de 2017

Queres batuquear con nós?

Somos un grupo de mulleres cis e trans que estamos creando un espazo para nós, para empoderarnos e saír ás rúas a facer balbordo e reivindicar o noso espazo e os nosos dereitos. Creamos os nosos propios instrumentos e aprendemos, primeiro guiadas e logo buscando a autoxestión. Se queres máis info para unirte, saber os horarios e demáis, inscríbete no seguinte cuestionario e te contactaremos: INSCRÍBETE Actividade subvencionada pola Concellería...

viernes, 22 de septiembre de 2017

Xornadas Tratamento da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas

Educar por e para todxs é o obxectivo, crear entornos seguros para o alumnado LGTBI onde a diversidade sexa unha riqueza que faga medrar a toda a comunidade educativa, é o medio para acadalo. Para isto, Nós Mesmas, contando coa subvención da Deputación de Pontevedra e a colaboración do Centro de Recursos e Formación de Vigo, organiza estas primeiras xornadas dirixidas a toda a comunidade educativa de Infantil, Primaria, Secundaria e Formación...

jueves, 21 de septiembre de 2017

Plan de Formación en Diversidade Afectiva e de Xénero

No que levamos de ano, máis de 1000  alumnxs de 17 centros de ensinanza pública da provincia de Pontevedra asistiron a unha das  charlas sobre Diversidade afectiva e de xénero que as voluntarias de Nós Mesmas imparten. O Plan de Formación, como cada ano, comezou en xaneiro, máis este ano cunha novidade, no 2017 poderíamos chegar a moitísimos máis centros que noutras ocasións xa que a Deputación de Pontevedra aprobou o proxecto que lle...

jueves, 14 de septiembre de 2017

#BiEnVigo

Día Internacional da Bisexualidade 2017 O 23 de setembro é celebrase o día da bisexualidade, día no que reivindicar a nosa visibilidade e rachar con todos os prexuízos e tabús que seguen existindo, moitos deles afianzados pola idea social de ter que escoller e posicionarse dentro da dicotomía que nos impoñen, ou es heterosexual ou homosexual. Ademais o xugo heterosexista e monosexista oprímenos ás persoas bisexuais dado que se nos presupón...

jueves, 13 de julio de 2017

Proxecto Inclusión social e laboral de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais.

Dende Nós Mesmas iniciamos o proxecto "Inclusión social e laboral de mulleres lesbianas, bisexuais e transexuais", a través da Subvención a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, sendo esta unha Operación cofinanciada pola Unión Europea, PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020. A través de este proxecto se realizará un servizo de atención,...

miércoles, 14 de junio de 2017

Programa Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2017

, 19-28 Exposición "Abríndo portas á diversidade" de Javier Piñeiro no Mercado Urbano do Progreso Exposición filmografica e bibliográfica nas Bibliotecas Juan Compañel e Neira Vilas 21/06 18.30h Obradoiro autodefensa feminista impartido por Lésbicas Creando  na Casa das Mulleres, R/Romil, 20 Inscrìbete en lesbicascreando@gmail.com 22/06 21.30h  Proxecciòn Curtas Festival La Pecca, coa colaboraciòn da Asociaciòn Defrente Bingo...

miércoles, 7 de junio de 2017

Creamos Orgullo!!! COLABORAS?

En Vigo levamos 9 anos creando un Orgullo LGTBI libre, digno, reivindicativo e combativo! Festexamos a diversidade, a liberdade de ser quen somos e visbilizarnos, tamén reivindicamos os nosos dereitos aquí e en todo o mundo, denunciamos as agresións, a lgtbifóbia e a discriminación e mantemonos en pé loitando porque o mundo sexa, cada día, máis e máis diverso! Un ano máis tentamos sacar unha programación do Orgullo que responda a este espíritu,...