Educar por e para todxs é o obxectivo, crear entornos seguros para o alumnado LGTBI onde a diversidade sexa unha riqueza que faga medrar a toda a comunidade educativa, é o medio para acadalo.
Para isto, Nós Mesmas, contando coa subvención da Deputación de Pontevedra e a colaboración do Centro de Recursos e Formación de Vigo, organiza estas primeiras xornadas dirixidas a toda a comunidade educativa de Infantil, Primaria, Secundaria e Formación Profesional; así como ás asociacións de familiares de alumnxs, activistas LGTBI e todas as persoas interesadas na educación non formal.
Contamos con 120 prazas para profesorado e para xs asistentes non profesorado haberá portas abertas ata completar aforo.
Pretendemos:
-Visibilizar a diversidade afectiva-sexual e de xénero nas aulas a través de referentes positivos.
-Fomentar a integración e o desenvolvemento dos contidos transversais referentes ao respecto cara á diversidade afectivo-sexual e de identidades de xénero na práctica docente.
-Formar na prevención e detección de situacións de conflito e acoso no centro escolar derivadas da orientación sexual ou da identidade de xénero de calquera integrante da comunidade educativa, proporcionando ferramentas para enfrontar unha situación de acoso LGTBIfóbico.
Programa:
9.30 _Presentación das xornadas da man de Sra. Presidenta da
Deputación de Pontevedra, Carmela Silva;
Sra. Deputada Isaura Abelairas
Representantes de Nós Mesmas.
10.00_"Nós Mesmas nas aulas."
Elisabet Pérez Costas e Raquel Cordeiro Ferreira
10.45_Pausa
11.15_"Abrimos as portas á divcrsidade: como integrala nas nosas aulas"
Kika Fumero
12.40_"Ferramentas inspiradoras de educación inclusiva"
José Joaquín Álvarez de la Rosa
16.00_"Entender a realidade trans como unha realidade social para un acompañamento positivo na aula"
Nac Bremón e Soraya Vega
18.30_Pausa
19.00_"Mesa de experiencias de profesorado e alumnado LGTBI en Vigo"
Ana Ojea Alonso e alumnado do IES Politécnico de Vigo
Inscricións:
O profesorado que queira participar deberá inscirbirse a través do FPROFE coa referéncia V1702027 para recibir Certificado de Formación de 8h, o prazo de inscrición está aberto ata o 10 de outubro
O resto de persoas interesadas, non precisan inscrición, portas abertas ata cubrir o aforo (150 prazas aprox.).
Actividade subvencionada pola: Coa colaboración:
3 comentarios:
hola, el curso no aparece en fprofe, saludos
Boas, si que aparece pero está un pelín complicado de atopar.
Tes que entrar na aplicación e identificarte co teu usuario e contrasinal.
Despois preme a opción Consultar/Inscribirse
Ahí busca as xornadas polo nome completo "Tratamento da diversidade afectivo-sexual nas aulas" ou pola referencia que indicamos V1702027
e premes en inscribirte
grazas, atopeino
Publicar un comentario